Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Martes, 15 de novembro de 2022 Páx. 59219

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 4 de novembro de 2022 pola que se modifica a autorización do centro privado plurilingüe Lar, de Mos.

A titularidade do centro privado (CPR) Plurilingüe Lar, de Mos, solicita a modificación da autorización para impartir o ciclo formativo de grao medio (CM) Cociña e Gastronomía, CM Servizos en Restauración, o ciclo formativo de grao superior (CS) Márketing e Publicidade, CS Xestión de Vendas e Espazos Comerciais, CS Mediación Comunicativa e CS Documentación e Administración Sanitarias.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

1. Modificar a autorización do CPR Plurilingüe Lar, de Mos, e autorizar o ciclo formativo de grao medio (CM) Cociña e Gastronomía, CM Servizos en Restauración, o ciclo formativo de grao superior (CS) Márketing e Publicidade, CS Xestión de Vendas e Espazos Comerciais, CS Mediación Comunicativa e CS Documentación e Administración Sanitarias. O centro queda configurado como se sinala a seguir:

Denominación xenérica: centro privado plurilingüe.

Denominación específica: Lar.

Código do centro: 36005427.

Domicilio: avenida Rebullón, 21.

Localidade: Puxeiros.

Concello: Mos.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Colegio Lar, S.L.

2. Composición resultante:

• 6 unidades do segundo ciclo de educación infantil.

• 12 unidades de educación primaria.

• 8 unidades de educación secundaria obrigatoria.

• 6 unidades de bacharelato, das modalidades de Ciencias e Tecnoloxía, Humanidades e Ciencias Sociais.

• 2 unidades de educación especial.

Formación profesional:

• CM Atención a Persoas en Situación de Dependencia (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CM Cociña e Gastronomía (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CM Electromecánica de Vehículos Automóbiles (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CM Farmacia e Parafarmacia (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CM Servizos en Restauración (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Administración e Finanzas (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Documentación e Administración Sanitarias (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Educación Infantil (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Ensinanza e Animación Sociodeportiva (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Integración Social (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Márketing e Publicidade (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Mediación Comunicativa (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Promoción de Igualdade de Xénero (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Xestión de Vendas e Espazos Comerciais (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

Formación profesional nas modalidades a distancia e semipresencial:

• CS Ensinanza e animación sociodeportiva.

• CS Educación infantil.

• CS Integración social.

Educación para persoas adultas:

• Ensinanzas básicas iniciais.

• Educación secundaria para persoas adultas.

• Bacharelato (Ciencias e Tecnoloxía, Humanidades e Ciencias Sociais).

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación do profesorado que impartirá docencia nos devanditos ciclos, así como o equipamento.

Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Revisión da autorización

O centro queda obrigado a cumprir a normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando se teña que modificar calquera dos datos que sinala a presente orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades