Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Martes, 15 de novembro de 2022 Páx. 59223

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2022 pola que se publica o Acordo do 28 de setembro de 2022, polo que se autorizan as persoas titulares da Secretaría Xeral e da Subdirección de Relacións cos Grupos de Desenvolvemento Rural para realizar propostas de autorización e disposición do gasto, propostas de recoñecemento de obrigas e ordenación de pagamentos respecto dos expedientes de gasto que se teñan que someter á fiscalización limitada previa.

A Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, o 28 de setembro de 2022, acordou as regras sobre a xestión económico-financieira da Axencia. Mediante este acordo autorízanse as persoas titulares da Secretaría Xeral (como regra xeral) e da Subdirección de Relacións cos Grupos de Desenvolvemento Rural (como regra excepcional referida á medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia) para realizar propostas de autorización do gasto, propostas de recoñecemento de obrigas e ordenación de pagamentos, respecto dos expedientes de gasto que a Axencia teña que someter á fiscalización limitada previa.

De conformidade coas facultades que teño conferidas en virtude do artigo 10.2.a) do Regulamento da Agader, aprobado polo Decreto 79/2001, do 6 de abril,

RESOLVO:

Publicar o Acordo da Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural do 28 de setembro de 2022, polo que se autorizan as persoas titulares da Secretaría Xeral e da Subdirección de Relacións cos Grupos de Desenvolvemento Rural para realizar propostas de autorización e disposición do gasto, propostas de recoñecemento de obrigas e ordenación de pagamentos, respecto dos expedientes de gasto que a Axencia teña que someter á fiscalización limitada previa.

O citado acordo incorpórase a esta resolución como anexo.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2022

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Acordo da Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
polo que se autorizan as persoas titulares da Secretaría Xeral e da Subdirección
de Relacións cos Grupos de Desenvolvemento Rural para realizar propostas
de autorización e disposición do gasto, propostas de recoñecemento de obrigas
e ordenación de pagamentos, respecto dos expedientes de gasto que a Axencia teña que someter á fiscalización limitada previa

1. O 9 de marzo de 2022, a Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural acordou as regras sobre a xestión económico-financeira da Axencia (CVE N99vXFMngY28, verificable en https://sede.xunta.gal/cve).

2. Este acordo establece que a persoa titular da Secretaría Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, con base nas memorias das persoas titulares das subdireccións correspondentes, faga as propostas de autorización de gasto, de disposición de gasto, de recoñecemento de obrigas e de ordenación de pagamentos que a Axencia someta á fiscalización limitada previa.

3. As peculiaridades da xestión da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia, na cal interveñen como entidades colaboradoras da Axencia os grupos de desenvolvemento rural, aconsellan que sexa o/a titular da Subdirección de Relacións cos Grupos de Desenvolvemento Rural quen realice as propostas de autorización e de disposición do gasto, así como de recoñecemento de obrigas e propostas de ordenación de pagamentos que sexan referidas á citada medida e que a Axencia someta á fiscalización limitada previa.

O artigo 10.2, letra m) do Decreto 79/2001, do 6 de abril, polo que se aproba o Regulamento da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, sinala entre as competencias da persoa titular da dirección xeral a de exercer a dirección administrativa da Axencia.

En consecuencia,

ACORDO:

a) Que, como regra xeral, a persoa titular da Secretaría Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, con base nas memorias das persoas titulares das subdireccións correspondentes, faga as propostas de autorización de gasto, de disposición de gasto, de recoñecemento de obrigas e de ordenación de pagamentos que a Axencia someta á fiscalización limitada previa.

b) Que, como excepción, as propostas de autorización de gasto, de disposición de gasto, de recoñecemento de obrigas e de ordenación de pagamentos referidas á medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia que a Axencia someta á fiscalización limitada previa sexan realizadas pola persoa titular da Subdirección de Relacións cos Grupos de Desenvolvemento Rural.

c) Este acordo aplicarase desde o día da súa sinatura e substitúe as regras adoptadas o 9 de marzo de 2022 pola Dirección Xeral da Axencia sobre a xestión económico-financeira da Axencia.