Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Mércores, 16 de novembro de 2022 Páx. 59542

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2022, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se fai pública a inclusión dunha formación no Catálogo galego de árbores senlleiras, así como a descatalogación dunha árbore por morte biolóxica.

En cumprimento do disposto no artigo 4.8 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, modificado polo Decreto 10/2015, do 22 de xaneiro,

RESOLVO:

Primeiro. Facer pública a inclusión da seguinte formación de carballos (Quercus robur L.) no Catálogo galego de árbores senlleiras, mediante a Resolución do 24 de outubro de 2022, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural:

Data da solicitude: 22.4.2022.

Código: 41 F.

Nome da árbore: Carballeira de Baio.

Especie: Quercus robur L.

Localidade: Baio.

Concello: Zas.

Provincia: A Coruña.

Coordenadas X/Y (UTM ETRS89 fuso 29): 502.987/4.776.702.

Motivo da catalogación: dendrometría, aspectos culturais e históricos.

Segundo. Facer pública a descatalogación da seguinte árbore do Catálogo galego de árbores senlleiras, mediante a Resolución do 26 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural:

Código: 4 A.

Nome da árbore: castaño de indias do Xardín Artístico de Padrón.

Especie: Aesculus hippocastanum L.

Localidade: Padrón.

Concello: Padrón.

Provincia: A Coruña.

Coordenadas X/Y (UTM ETRS89 fuso 29): 528.102/4.732.057.

Motivo da descatalogación: morte biolóxica.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2022

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural