Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Mércores, 16 de novembro de 2022 Páx. 59544

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se dispón a publicación no Diario Oficial de Galicia da extinción da Sociedad Cooperativa Gallega de Viviendas Monte Aloia en liquidación, en virtude de mandamento xudicial.

En cumprimento do disposto no artigo 62 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, faise pública a extinción da entidade Sociedad Cooperativa de Viviendas Monte Aloia, en liquidación, en virtude do Mandamento do Xulgado do Mercantil número 2 da Coruña, Sección I (declaración concurso) S1C 222/13-J, do 7 de xuño de 2022, referido ao Auto do 30 de maio de 2022 polo que se decreta a conclusión do concurso de acredores da entidade Sociedad Cooperativa Galega de Viviendas Monte Aloia en liquidación e se acorda a súa extinción e o peche da súa folla de inscrición.

A Coruña, 28 de outubro de 2022

Judit Fontela Baró
Xefa territorial da Coruña