Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Mércores, 16 de novembro de 2022 Páx. 59525

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Xinzo de Limia (expediente IN407A 2022/03-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe, tal e como se recolle no proxecto asinado polos enxeñeiros técnicos industriais Luís Enrique Durán Ageitos, colexiado número 1189 do Coeticor e Carmelo Freire Beiro, colexiado número 1210 do sinalado colexio profesional, con visado número 1811-21-ST, do 19 de outubro de 2021.

Solicitante: Tesla Spain, S.L.U., co CIF B65855701.

Domicilio: rúa Metalúrgica, 38-43, 08038 Barcelona.

Denominación: LMTS e CS para subministración a estación de servizo Antela-Tesla.

Situación: concello de Xinzo de Limia (Ourense).

Orzamento: 42.339,22 €.

Características técnicas:

– LMTS, DC, para extensión de rede UFD, de 60 m de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL, 12/20 kV de 3×(1×240) mm², con E/S en CS proxectado, con orixe no dobre PAS con autoválvulas do apoio número BIDJ71UT/20 da LMT XIN806 e final no CS proxectado.

– Centro de seccionamento (CS), compacto de superficie, para manobra exterior, telecontrolado, en edificio prefabricado modular de formigón, con celas 3L+P e SSAA 2TC+TT. Situación polígono 509, parcela 53-pista de Morgade, s/n, Xinzo de Limia.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

As instalacións do presente proxecto son de cesión obrigatoria para formar parte da rede de distribución, polo que os trámites de autorización de explotación e posta en servizo serán realizados directamente coa empresa distribuidora. Seguirase para iso o procedemento previsto no artigo 132 do citado Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 28 de marzo de 2022

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense