Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Mércores, 16 de novembro de 2022 Páx. 59523

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 31 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se lles notifica o acto de ocupación e requirimento de follas de valoración ás persoas afectadas pola execución do proxecto da LMT, CT e RBT Susavila, no concello de Dodro.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación, ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar …», mediante o presente anuncio infórmaselles ás persoas afectadas pola expropiación do acto de ocupación dos predios afectados e o requirimento das súas follas de valoración relativas aos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica referenciada no primeiro parágrafo, que figuran no cadro anexo.

A data de ocupación será o 15 de novembro de 2022.

As persoas interesadas poderán acudir á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A., como beneficiaria da expropiación, para que lles facilite canta información precisen para coñecer a afección sobre os predios, un posible acordo económico, ou a rectificación da titularidade ou do enderezo, de ser o caso, chamando ao teléfono 981 01 45 00, Departamento de Tramitacións da Delegación da Coruña.

A Coruña, 31 de outubro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2021/30-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMT, CT e RBT Susavila.

Concello: Dodro.

Predio núm.

Polígono

Parcela

Titularidade proposta

1

502

1283

Herdeiros de Rosa Pérez Monselle

9

502

1372

Herdeiros de Antonio Vigo Citoura

10

502

1373

Carmen Romero Mariño

11

502

1374

Carmen Romero Mariño

12

502

1375

Manuel Romero Vigo

13

502

1376

Vicente José Valeirón Rodríguez

14

502

1370

Herdeiros de Francisco Torres Boga

16

502

1366

María Citoura Susavila

17

502

1365

Herdeiros de Saturnino Calvo Susavila

18

502

1364

Fernando Calvo Pérez

20

502

1357

Ramón Ángel Rodríguez Romero

21

502

1356

Rosa González Rodríguez

22

502

1355

Francisco Balirón Pérez

23

502

1349

Herdeiros de Antonio Romero Tovis