Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Mércores, 16 de novembro de 2022 Páx. 59522

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 31 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se lle notifica á persoa interesada o requirimento de presentación de documentación relativa á solicitude do permiso de investigación Rivas número 5098, nos concellos do Irixo, O Carballiño e Piñor, na provincia de Ourense.

Nesta xefatura territorial estase tramitando o expediente relativo á solicitude do permiso de investigación Rivas número 5098. Para continuar coa tramitación do dito expediente, requiríuselle documentación a Serafín Cibeira Ferreiro, como interesado.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázase a Serafín Cibeira Ferreiro para ser notificado por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

O interesado, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1, 3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 31 de outubro de 2022

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense