Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Mércores, 16 de novembro de 2022 Páx. 59503

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 25 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Sarria (expediente IN407A 2022/132-2).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométense a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTA SAR806-derivada a Santo Estevo CT 27A580 (Sarria).

Características técnicas principais:

• Liña de media tensión aérea de 20 kV, cunha lonxitude de 1.120 m en condutor de tipo LA-56, con orixe no apoio existente núm. 69-30-8 (C10IHCWI) da liña SAR806 coxerador Onte e Sarripi e final no apoio existente núm. 69-30-8-10CT, no que actualmente se sitúa o CT 27A580 Santo Estevo.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013 levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figura no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas, no prazo de trinta días hábiles contado desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial, de luns a venres, entre as nove da mañá e as dúas da tarde, e na seguinte ligazón web da consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/distribucion-transporte/lmta-sarria

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados, segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 27 de xuño).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 25 de outubro de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto
LMTA SAR806-derivada a Santo Estevo CT 27A580 (Sarria)

Concello: Sarria.

Expediente: IN407A 2022/132-2.

Referencia catastral

Propietario

Apoio

Afeccións

Nº predio

Pol.

Parc.

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

m2

ml aér.

m2 aér.

1

14

667

Leira Regas

Prado

José López López

70,0

960,0

2

14

668

Agra Sarodis

Prado

José López Ares

0,0

321,0

3

14

652

Poza Vello

Prado

María Lili López

69-30-8-1,
69-30-8-2

4,0

112,0

1.628,0

4

14

1210

Gaez

Prado

María Lili López

0,0

164,0

11

14

1287

Cortiña

Matogueira

Germán López Rodríguez

8,0

88,0

12

14

582

Cortiña

Matogueira

Germán López Rodríguez

1,0

52,0

13

14

580

Fonte Canto

Matogueira

Germán López Rodríguez

0,0

34,0

14

14

579

Fonte Canto

Prado

Descoñecido

69-30-8-3

2,0

90,0

1.405,0

19

16

767

Horto das Fontes

Labradío

Descoñecido

0,0

16,0

23

16

901

Cortiña da Costa

Matogueira

Fernando López Díaz

31,0

375,0

24

16

876

Redondelo

Matogueira

Descoñecido

0,0

133,0

25

16

877

Fontiveira

Matogueira

Descoñecido

69-30-8-6

2,0

24,0

359,0

26

16

1982

Fontes

Matogueira

Descoñecido

0,0

9,0

27

16

878

Leira Costa

Matogueira

Germán López Rodríguez

12,0

181,0

29

16

893

Fontes

Matogueira

Descoñecido

0,0

10,0

30

16

891

Santo Estevo

Matogueira

Descoñecido

85,0

1.315,0