Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Mércores, 16 de novembro de 2022 Páx. 59456

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 10 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2022/258-1).

Expediente: IN407A 2022/258-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTS, CT e RBT As Baleixas.

Situación: concello de Santiago de Compostela.

Características técnicas:

– Centro de transformación prefabricado de formigón, compacto, de manobra exterior, de 250 kVA de potencia, relación de transformación de 20.000/400 V e configuración de celas 2L+1P, para instalar no lugar das Baleixas (parcela con referencia catastral 002000100NH34D0000PW).

– Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 20 kV, de 2×395 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm² Al), con orixe e remate en arqueta proxectada nas proximidades do cruzamento das rúas Vixoi e Pedrosiño, sobre a LMT SNT-839 (expediente IN407A 2016/2297-1), logo de entrar e saír no CT proxectado.

– Dúas liñas soterradas de baixa tensión, S1 de 90 metros de lonxitude e S2 de 305 metros de lonxitude, en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1×240 mm2 Al), con orixe no CT proxectado e remate nos acoplamentos coa rede de baixa tensión existente que vai realizar no apoio HV-630/11 (punto D do plano de manobras eléctricas 03) e no apoio HV-1000/10 (punto E do plano de manobras eléctricas 01).

Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

–Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se achega con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres), así como no concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren adecuadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo. Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 10 de outubro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados

Situación: concello de Santiago de Compostela.

Número do predio: 1.

Referencia catastral: 002000100NH34D0000PW.

Lugar: Ru Coto.

Cultivo: rústico.

Persoas propietarias: herdeiras de Agustín Noia Castro (Dominga Figueira Martínez e Sonia Noia Figueira).

Afección de solo en pleno dominio: centro de transformación máis acceso: 23,63 m².