Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Mércores, 16 de novembro de 2022 Páx. 59459

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 10 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ordes (expediente IN407A 2022/271-1).

Expediente: IN407A 2022/271-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTS, CTC e RBT Espenica.

Termo municipal: Ordes.

1. Características técnicas:

• Centro de transformación prefabricado de formigón, compacto de manobra exterior, de 250 kVA de potencia, relación de transformación de 20.000/400 V e configuración de celas 2L+1P, que se instalará no lugar da Espenica (parcela con referencia catastral 8886701NH4688N0001BI).

• Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 20 kV, de 2 × 601 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3 (1 × 240 mm2 Al), con orixe e remate en empalmes proxectados en arqueta existente na encrucillada da rúa García Gerpe coa estrada DP-3802 Ponte Carreira-Ordes sobre a LMTS MEI-809 (expediente IN407A 2014/54-1), no treito comprendido entre o CT Paraíso (expediente IN407A 2001/195-1/matrícula 15CQJ8) e o CT Paraíso II (expediente IN407A 2012/54-1/matrícula 15CLJN), tras entrar e saír no CT proxectado.

• Dúas liñas soterradas de baixa tensión, S1 de 30 metros de lonxitude e S2 de 30 metros de lonxitude, en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4 (1 × 240 mm2 Al), con orixe no CT proxectado e remate nos acoplamentos coa rede de baixa tensión existente que se realizarán no apoio HV-630/11.

• Reforzo da rede de baixa tensión aérea existente nun treito de 322 metros de lonxitude en condutor tipo RZ-3 × 50 mm2 Al e RZ-3 × 95 mm2 Al, instalación dun novo van de 50 metros de lonxitude en condutor tipo RZ-3 × 50 mm2 Al coa substitución de catro apoios existentes por outros novos tipo HV-630/11.

1. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).

• Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19 de marzo).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 10 de outubro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados

Termo municipal de Ordes

Nº de predio: 1.

Ref. catastral: 8886701NH4688N0001BI.

Lugar: lugar da Espenica.

Cultivo: urbana.

Propietario/a: herdeiros de José Villaverde Veiras.

Afección solo en pleno dominio:

Centro transformación máis acceso: 16,81 m2.