Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Xoves, 17 de novembro de 2022 Páx. 59658

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021(Diario Oficial de Galicia número 115, do 18 de xuño), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o segundo exercicio do proceso selectivo pola quenda de promoción interna.

En sesión que tivo lugar o 7 de novembro de 2022, o tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021 (DOG núm. 115, do 18 de xuño),

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade coa base II.1.1.2 o segundo exercicio do proceso selectivo consiste na exposición oral de catro (4) temas extraídos ao chou, entre os que forman a parte III do anexo I do temario (un correspondente aos temas relativos á materia de dereito administrativo, o segundo e terceiro á materia de dereito tributario e o cuarto tema á materia de dereito orzamentario).

O exercicio cualifícase de 0 a 30 puntos e para superalo é necesario obter un mínimo de 15 puntos, correspondéndolle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar esta puntuación mínima, conforme os criterios de corrección, valoración e superación establecidos polo Acordo deste tribunal do 7 de outubro de 2022, publicado no portal web corporativo da Xunta de Galicia o 26 de outubro de 2022.

Segundo. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas o 7 de novembro de 2022 ao segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso pola quenda de promoción interna no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, no portal web corporativo da Xunta de Galicia, funcionpublica.xunta.gal

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2022

Juan José Rodríguez Díaz
Presidente do tribunal