Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Xoves, 17 de novembro de 2022 Páx. 59656

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 115, do 18 de xuño), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o segundo exercicio do proceso selectivo pola quenda de acceso libre.

En sesión do 3 de novembro de 2022, o tribunal nomeado pola Resolución do 16 de maio de 2022 (DOG núm. 97, do 20 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021 (DOG núm. 115, do 18 de xuño),

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.3.2 da convocatoria, o segundo exercicio do proceso selectivo consiste na resolución por escrito dun caso práctico proposto polo tribunal sobre as materias incluídas na parte II do programa (contabilidade e cálculo financeiro).

Este exercicio cualifícase de 0 a 30 puntos e para superalo é necesario obter un mínimo de quince (15) puntos, correspondéndolle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar esta puntuación mínima, conforme os criterios de corrección, valoración e superación establecidos polo Acordo deste tribunal do 5 de setembro de 2022, publicado no portal web corporativo da Xunta de Galicia o 19 de setembro de 2022.

Segundo. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas o 23 de setembro de 2022 ao segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, no portal web corporativo da Xunta de Galicia, funcionpublica.xunta.gal

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.4.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2022

Juan José Rodríguez Díaz
Presidente do tribunal