Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Venres, 18 de novembro de 2022 Páx. 60001

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se exclúe un aspirante no proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019.

No DOG núm. 21, do 31 de xaneiro de 2020, publicouse a Orde do 7 de xaneiro de 2020 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

En virtude da Resolución do 8 de xullo de 2022 (DOG núm. 133, do 13 de xullo), o tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020 (DOG núm. 21, do 31 de xaneiro), fixo pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo. O acordo primeiro desta resolución establece que, de conformidade coa base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar a documentación prevista na citada base.

A base I.4.2 da convocatoria dispón que cando da documentación que deben presentar tras superar o proceso selectivo se desprenda que non posúen algún dos requisitos, as persoas aspirantes decaerán en todos os dereitos que puideren derivar da súa participación.

Unha vez rematado o prazo para a presentación da documentación prevista na base IV.2 e revisada a documentación que achegan todas as persoas aspirantes, compróbase que o aspirante José Miguel Iglesias Varela (con NIF ***1822**) non acredita a posesión de todos requisitos exixidos pola convocatoria.

Tendo en conta o disposto no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro. Excluír o aspirante José Miguel Iglesias Varela (con NIF ***1822**) do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020, por non acreditar a posesión de todos os requisitos exixidos na convocatoria.

Segundo. Contra esta resolución poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2022

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública