Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Venres, 18 de novembro de 2022 Páx. 60003

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 21, do 31 de xaneiro), pola que se propón o nomeamento dunha nova persoa aspirante.

En sesión que tivo lugar o día 15 de novembro de 2022, o tribunal nomeado pola Resolución do 21 de setembro de 2020 (DOG núm. 195, do 25 de setembro), modificada pola Resolución do 13 de outubro de 2020 (DOG núm. 212, do 21 de outubro), encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020 (DOG núm. 21, do 31 de xaneiro),

ACORDOU:

Primero. Mediante a Resolución do 8 de xullo de 2022 (publicada no DOG núm. 133, do 13 de xullo), este tribunal acordou elevarlle ao director xeral da Función Pública a listaxe das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para que elaborase a proposta de nomeamento como persoal funcionario de carreira da Xunta de Galicia das persoas que figuraban nela.

Nesta resolución e de conformidade coa base IV.2 da convocatoria, establécese que as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e que constan no anexo da devandita resolución disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar a documentación prevista na citada base.

Segundo. O 15 de novembro de 2022, mediante escrito da Dirección Xeral da Función Pública, requíreselle a este tribunal que propoña unha nova persoa aspirante, xa que a que figuraba no número 71, José Miguel Iglesias Varela (con NIF ***1822**), resultou excluído por non acreditar a posesión de todos os requisitos exixidos na convocatoria.

De conformidade coa base II.6 da convocatoria, a orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma da puntuación dos exercicios da oposición. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior de persoas ao de prazas convocadas. Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, se se producen renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación ás propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deduza que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poidan ser nomeadas persoal funcionario de carreira.

Terceiro. Con base no anterior, este tribunal acorda facer pública, como anexo a esta resolución, unha persoa aspirante que superou o proceso selectivo, coas puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade, que ocupa a posición 123 na orde de persoas aspirantes aprobadas, e procede a renumerar a orde a partir do posto número 71. De conformidade co establecido na base IV.2 da convocatoria e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas aspirantes dispoñen dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentaren a documentación prevista na citada base.

Cuarto. Elevar esta relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que a persoa que figura nela sexa proposta para o seu nomeamento como funcionaria de carreira.

Quinto. De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2022

Víctor Manuel Tubío Villar
Presidente do tribunal

ANEXO

Aspirante que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, pola quenda de promoción interna

Nº orde

Acceso

DNI

Apelido 1º

Apelido 2º

Nome

1º exercicio

2º exercicio

3º exercicio

Concurso

Total

123

Libre

***7891**

Hermida

Dibuja

Ana Belén

18,04

19,13

Exento/a

32,312

69,482