De conformidade co disposto no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade á encomenda de xestión, coas seguintes características:
Resolución do 11 de novembro de 2022, da Axencia Galega de Infraestruturas, pola que se aproba a prórroga da encomenda ao medio propio Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. para a realización de traballos técnicos.
– Actividade: os traballos que se van realizar baixo a cobertura da encomenda consistirán en traballos de apoio técnico á Axencia Galega de Infraestruturas no desenvolvemento daquelas tarefas en que a experiencia acumulada por Xestur na execución de obras permita complementar o traballo do persoal da Axencia.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios, ao ter a empresa Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. a consideración de medio propio e de servizo técnico da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, ao abeiro do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de execución: doce (12) meses, contados desde o 1 de xaneiro de 2023, prorrogable por doce (12) meses máis.
– Modalidade de financiamento: a prórroga da encomenda tramítase como expediente anticipado de gasto con cargo aos orzamentos da Axencia Galega de Infraestruturas para o ano 2023, aplicación orzamentaria 09.A1.512B.640.1
– Orzamento: 60.023,25 €.
Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2022
Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas