Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Martes, 22 de novembro de 2022 Páx. 60489

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2022 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 1 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a adquisición de vivenda do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025 e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento VI435A).

O 12 de agosto de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 1 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a adquisición de vivenda do Plan estatal de vivenda 2022-2025 e se procede á súa convocatoria para o ano 2022.

O ordinal vixésimo noveno, parágrafo 1, da citada resolución establece que as axudas previstas nesta convocatoria se farán efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 08.81.451B.780.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022, por un importe total de 2.550.000,00 euros, e financiarase con fondos propios da Comunidade Autónoma. Ademais, o parágrafo 2 do mesmo ordinal prevé que a contía establecida nesta convocatoria poderá ser obxecto de ampliación mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS), que terá efecto logo da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 30 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Tendo en conta que o número de solicitudes presentadas e susceptibles de obter a axuda supera o importe do crédito orzamentario previsto inicialmente na convocatoria, resulta necesario realizar a ampliación da dotación orzamentaria prevista na citada Resolución do 1 de agosto de 2022.

De conformidade co artigo 30.2 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e co ordinal vixésimo noveno da Resolución do 1 de agosto de 2022, é competente para ditar esta resolución a persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

Polo exposto,

RESOLVO:

Único. Ampliar a dotación orzamentaria para a convocatoria de subvencións para a adquisición de vivenda do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025 para o exercicio 2022.

O incremento da dotación será de 627.206,60 euros, na aplicación orzamentaria 08.81.451B.780.0, polo que a contía máxima das subvencións que se poderá conceder con cargo á antedita convocatoria será de 3.177.206,60 euros.

Esta ampliación non implica a apertura do prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo do prazo máximo para resolver.

Esta resolución producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2022

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo