Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Martes, 22 de novembro de 2022 Páx. 60465

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 10 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica o requirimento de emenda da documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 14 de setembro de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais de Galicia para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento BS508E).

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 219, do 17 de novembro de 2022, cómpre efectuar as seguintes correccións:

– Na páxina 59655, no anexo de requirimento de emenda de solicitudes, onde di:

«Nº expediente

Solicitante

NIF da entidade

Documentación requirida

BS508E 2022/018

Asociación Cultural, Social, Ecolóxica e Económica Os Tres Reinos

G32345274

– Anexo I: revisar a cantidade total nos datos das persoas voluntarias.
– Proxecto de actividades: indicar o número de persoas beneficiarias (art. 10.1.a).

BS508E 2022/025

ONGD Senvalos

G70610282

– Anexo I: revisar o orzamento (o total do gasto non coincide co total das fontes de financiamento, os importes solicitados non son acordes ao art. 7.5, e revisar outras axudas).
– Proxecto de actividades (art. 10.1.a).»

Debe dicir:

«Nº expediente

Solicitante

NIF da entidade

Documentación requirida

BS508E 2022/007

Concello de Ames

P1500200I

– Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade segundo o establecido no artigo 9.5.

– Anexo I: indicar as porcentaxes (%) das liñas para as cales se solicita a axuda, indicar o importe da subvención solicitada, revisar as partes do gasto consonte as fontes de financiamento e revisar as porcentaxes de repartición do orzamento nos anos 2022 e 2023 consonte o establecido no artigo 7.5.

– Proxecto de actividades (art. 10.1.a): cuantificar o número de persoas beneficiarias e adaptar o orzamento segundo os cambios solicitados no anexo I.

– Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (art. 10.1.b).

BS508E 2022/010

Concello das Pontes de García Rodríguez

P1507100D

– Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade segundo o establecido no artigo 9.5.

– Anexo I: adecuar os cálculos da táboa dos datos das persoas voluntarias consonte o establecido no artigo 8.g). Revisar os gastos de deseño do proxecto da táboa orzamento do programa (partes do gasto) consonte o artigo 8.a).

– Revisar o certificado de crédito suficiente e adecuado consonte os cambios do orzamento solicitados no anexo I.

– Proxecto de actividades: harmonizar a información das idades das persoas voluntarias nas páxinas 3 e 5, revisar o cálculo do gasto das persoas voluntarias na páxina 5 consonte o establecido no art. 8.g) e actualizar o orzamento en función dos cambios do anexo I.

BS508E 2022/016

Concello da Baña

P1500700H

– Anexo I: revisar as porcentaxes de repartición do orzamento nos anos 2022 e 2023 consonte o establecido no artigo 7.5.

– Certificado de crédito suficiente e adecuado: actualizar o orzamento en función dos cambios do anexo I.

BS508E 2022/017

Concello de A Veiga

P3208400F

– Proxecto de actividades (art. 10.1.a).

– Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (art. 10.1.b).

– Anexo I: indicar data de inicio e de fin do proxecto e indicar o número de persoas beneficiarias.

BS508E 2022/022

Valoresc Innovation

G70377585

– Proxecto de actividades (art. 10.1.a).

– Anexo I: revisar as contías das partes do gasto consonte as fontes de financiamento.