Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Mércores, 23 de novembro de 2022 Páx. 60744

III. Outras disposicións

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2022 pola que se fai pública a relación de entidades colaboradoras que participarán na xestión de subvencións do programa de emisión de bonos dixitais para colectivos vulnerables (Programa UNICO-Bono social), enmarcado no investimento C15.I3 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento AP400B).

Mediante a Resolución do 28 de xullo de 2022 establécense as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, así como a inscrición de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, do Programa de emisión de bonos dixitais para colectivos vulnerables (Programa UNICO-Bono social), enmarcado no investimento C15. I3 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o período 2022-2023 (códigos de procedemento AP400A e AP400B) (DOG nº 155, do 17 de agosto de 2022).

Con data do 31 de outubro de 2022 resolvéronse favorablemente 4 solicitudes de inscrición de entidades colaboradoras de entre as presentadas no marco da convocatoria, con código de procedemento AP400B e con prazo aberto ata o 30 de xuño de 2023.

Posteriormente, entre o 7 e o 15 de novembro asináronse os correspondentes convenios de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e as entidades colaboradoras, de acordo co previsto no artigo 7.15 das bases reguladoras.

Coa sinatura dos convenios inclúense as entidades no Rexistro de Operadores-Colaboradores, que está dispoñible a través da web https://amtega.xunta.gal/rexistro-operadores-bono-social

Segundo dispón o artigo 3.2 das bases reguladoras, o prazo para presentar solicitudes dos bonos dixitais comezará o día seguinte ao da publicación no DOG da relación de entidades colaboradoras.

Así mesmo, tendo en conta que o prazo para a inscrición como entidades colaboradoras finaliza o 30 de xuño de 2023, as novas entidades que se adhiran serán incluídas directamente no Rexistro de Operadores-Colaboradores da web https://amtega.xunta.gal/rexistro-operadores-bono-social

De acordo co anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Crear o rexistro de operadores-colaboradores na web da Amtega, no enderezo https://amtega.xunta.gal/rexistro-operadores-bono-social, no cal se incluirán todas as entidades colaboradoras que se adhiran ata finalizar o prazo de inscrición o 30 de xuño de 2023.

Segundo. Facer pública no Diario Oficial de Galicia a relación das catro entidades colaboradoras para as cales, o pasado 31 de outubro de 2022, se resolveron favorablemente as solicitudes de inscrición e que, por tanto, participarán na xestión de subvencións do Programa de emisión de bonos dixitais para colectivos vulnerables (Programa UNICO-Bono social). A relación de entidades colaboradoras achégase con esta resolución como anexo.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2022

Julián Cerviño Iglesia
Director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

ANEXO

Entidade colaboradora

NIF

Itegal Servicios Tic, S.L.

B27405125

Atuaxanela, S.L.

B01885383

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.

A15474281

Telefónica de España, S.A.U.

A82018474