Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Mércores, 23 de novembro de 2022 Páx. 60719

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2022 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 17 de novembro de 2022, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería do Mar.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería do Mar xustifícase polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.

En consecuencia, por proposta da Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda e Administración Pública, e unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación e na Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 17 de novembro de 2022, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Consellería do Mar nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, en desenvolvemento da Orde da Consellería de Facenda, do 22 de novembro de 2019, pola que se convocou proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 007 do grupo II, titulada/o grao medio, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia (DOG núm. 225, do 26 de novembro).

Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 17 de novembro de 2022, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería do Mar, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda, do 8 de xaneiro de 2020, sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2022

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file