Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Xoves, 24 de novembro de 2022 Páx. 61076

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coirós

ANUNCIO da aprobación das bases e da convocatoria para cubrir unha praza de arquitecto/a (media xornada), mediante o sistema de concurso-oposición.

Unha vez aprobadas as bases e a convocatoria para cubrir unha praza de arquitecto/a (media xornada), da escala de Administración especial, subescala técnica e clase A1, do persoal funcionario para o Concello de Coirós, mediante sistema de concurso-oposición, no Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 207, do 2 de novembro de 2022, aparecen integramente publicadas as bases e a convocatoria para a provisión en propiedade, polo sistema de concurso-oposición, dunha praza de arquitecto/a (media xornada), da escala de Administración especial, subescala técnica e clase A1, de persoal funcionario para o Concello de Coirós, vacante no cadro de persoal municipal.

Esta praza ten as seguintes características: grupo A1, escala de Administración especial, subescala técnica, número de vacantes: 1, denominación: arquitecto/a, en media xornada.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña, no taboleiro de edictos do concello e na páxina web deste: www.concellocoiros.com

Coirós, 2 de novembro de 2022

Francisco Quintela Requeijo
Alcalde