Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Xoves, 24 de novembro de 2022 Páx. 61077

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Guarda

ANUNCIO de ampliación do prazo de exposición ao público do acordo de aprobación inicial da modificación puntual número 7 do Plan xeral de ordenación urbana.

Aprobada inicialmente a modificación puntual número 7 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello da Guarda, mediante o Acordo do Pleno do 27 de maio de 2022, de conformidade co artigo 60 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e dado que o documento estivo á disposición no portal de transparencia da sede electrónica deste concello, pero o expediente completo foi publicado con posterioridade ao inicio de tal período, considérase necesaria a ampliación do prazo da información pública, polo que se somete a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Faro de Vigo.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se xulguen pertinentes ou obteren copias. Así mesmo, estará á disposición no portal de transparencia da sede electrónica deste concello (http://aguarda.sedelectronica.gal).

Queda suspendido, no ámbito da modificación puntual (definido no plano rotulado «Ámbito de suspensión de licenzas» incorporado ao expediente), o procedemento de outorgamento de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición, así como a suspensión da tramitación de figuras de planeamento e xestión (plan especial, proxecto de equidistribución, proxecto de urbanización) e, polo tanto, suspéndese a tramitación urbanística do ámbito do PERI número 5. Esta suspensión terá unha duración máxima de dous anos contados desde a aprobación inicial e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva da modificación puntual.

A Guarda, 13 de outubro de 2022

Antonio Lomba Baz
Alcalde