Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Xoves, 24 de novembro de 2022 Páx. 61041

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 9 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, de comunicación do traslado de follas de valoración por expediente de expropiación no concello de Maside (expediente IN407A 2021/35-3 AT).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, no se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTA, CTI e RBTA Faquín, no concello de Maside (expediente IN407A 2021/35-3 AT), correspondentes aos predios e titularidades que se sinalan no cadro anexo.

O texto íntegro das referidas follas de valoración encóntrase ao dispor das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Ourense, situada na rúa Curros Enríquez, número 1, 4º andar, 32003 Ourense (solicitarase cita previa no teléfono 988 38 67 10, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres). As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión das correspondentes valoracións ao enderezo que sinalen.

Transcorrido o dito prazo de dez días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 9 de novembro de 2022

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Número de expediente: IN407A 2021/35-3 AT.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTA, CTI e RBTA Faquín.

Concello: Maside.

Predio núm.

Lugar

Incidencia

2

Hermida

Titular descoñecido

4

Hermida

Titular descoñecido

7

Hermida

Titular descoñecido

11

Hermida

Titular descoñecido

12

Hermida

Titular descoñecido

16

Hermida

Titular descoñecido

17

Hermida

Titular descoñecido