Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Xoves, 24 de novembro de 2022 Páx. 61040

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 9 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Negueira de Muñiz (expediente IN407A 2021/49-ATE).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselle á persoa interesada a declaración de utilidade pública do proxecto nova LAT e CT baixo poste en Foxo OPA 1-58163, segundo se sinala no cadro anexo.

Lugo, 9 de novembro de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN407A 2021/49-ATE.

Denominación: nova LAT e CT baixo poste en Foxo OPA 1-58163.

Declaración de utilidade pública.

Predio

Propietaria

Anotación Correo

Concello

Pol.

Parc.

39

Carmen Regueira Nogueiro

Enderezo descoñecido

Negueira de Muñiz

26

181