Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Venres, 25 de novembro de 2022 Páx. 61238

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 9 de novembro de 2022, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados no caso de non achegar os datos necesarios para facturar ao terceiro obrigado ao pagamento.

Mediante a presente cédula e debido a que os debedores comprendidos na relación que a seguir se insire non puideron ser atopados nos enderezos que figuran nos rexistros do centro, ou que as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo alegaron distintos motivos para non recibir as notificacións, comunícaselles ás persoas incluídas na relación posterior que:

Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema nacional de saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade, e na disposición adicional 22 do texto refundido da Lei xeral de seguridade social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, de non achegar no prazo de 10 días os datos e a documentación necesaria para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada no centro sanitario, os gastos asistenciais serán pola súa conta, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 56/2014, do 30 de abril (DOG núm. 96, do 21 de maio), polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que achegar, deberán pórse en contacto co Servizo de Facturación do centro sanitario no teléfono 986 56 80 36.

Para que conste, lle sirva de notificación ao interesado e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula. Queda supeditada a eficacia desta notificación á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 9 de novembro de 2022

José Flores Arias
Xerente de Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

ANEXO

DNI/NIF/NIE

Y02990018D

079121392N

X05400510H

044086745T

077419657R

053307248X

Y01978346S

Y09307665Q

044083769Z

Y01046883Y

Y03844784A

Y06765347A

Y07250069T

054444732Y

077414395Y

X07051041T