Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Venres, 25 de novembro de 2022 Páx. 61240

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bueu

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle relativo á ordenación das vivendas comprendidas entre os números 59 a 81 da rúa Montero Ríos, en Bueu, Pontevedra (expediente 104/2022).

A Xunta de Goberno local, en sesión do 3 de outubro de 2022, adoptou o acordo de aprobación inicial do estudo de detalle para a ordenación das vivendas comprendidas entre os números 59 a 81 da rúa Montero Ríos, do termo municipal de Bueu. Encóntranse dentro do ámbito os inmobles de referencias catastrais:

ref. 8063018NG1886S0001TP, ref. 8063017NG1886S0001LP, ref. 8063016NG1886S0001PP, ref. 8063015NG1886S0001QP, ref. 8063015NG1886S0002W, ref. 8063015NG1886S0003ES, ref. 8063015NG1886S0004RD, ref. 8063014NG1886S0001GP, ref. 8063013NG1876S0001YY, ref. 8063012NG1876S0002ZU, ref. 8063012NG1876S0003XI, ref. 8063012NG1876S0004MO, ref. 8063012NG1876S0005QP, ref. 8063012NG1876S0006WA, ref. 8063012NG1876S0007ES, ref. 8063012NG1876S0008RD, ref. 8063012NG1876S0009TF, ref. 8063012NG1876S0010ES, ref. 8063012NG1876S0011RD, ref. 8063012NG1876S0012TF, ref. 8063012NG1876S0013YG, ref. 8063011NG1876S0001AY, ref. 8063011NG1876S0002SU, ref. 8063011NG1876S0003DI, ref. 8063010NG1876S0001WY, ref. 8063009NG1876S0001BY, ref. 8063008NG1876S0001AY, ref. 8063007NG1876S0001WY, ref. 8063007NG1876S0002EU e ref. 8063007NG1876S0003RI.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 80 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 194 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e sométese a información pública durante o prazo dun mes, mediante anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia.

Para estes efectos, o documento Estudo de detalle relativo á ordenación das vivendas comprendidas entre os números 59 a 81 da rúa Montero Ríos en Bueu estará dispoñible na páxina web do Concello de Bueu (https://concellodebueu.gal/), así como no seu portal de transparencia. Así mesmo, queda á disposición do público en xeral no Departamento de Urbanismo do Concello, rúa Eduardo Vincenti, número 8, 36930 Bueu, en horario de atención ao público, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Bueu, 4 de novembro de 2022

Félix Juncal Novas
Alcalde