Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Luns, 28 de novembro de 2022 Páx. 61377

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 4 de novembro de 2022, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría agronómica, convocado mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 241, do 17 de decembro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Advertidos erros na resolución antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 221, do 21 de novembro de 2022, cómpre facer a seguinte corrección:

Onde di: «...que o segundo exercicio da oposición terá lugar o día 2 de decembro de 2022, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas nas aulas 2 e 6 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), sita na rúa de Madrid 2-4 (As Fontiñas), Santiago de Compostela.».

Debe dicir: «...que o segundo exercicio da oposición terá lugar o día 2 de decembro de 2022, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas nas aulas 2 e 7 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), sita na rúa de Madrid 2-4 (As Fontiñas), Santiago de Compostela.».