Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Luns, 28 de novembro de 2022 Páx. 61378

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2022, do tribunal designado para cualificar o proceso extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 003 do grupo V (ordenanza e outras) de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 21 de novembro de 2022, o tribunal nomeado pola Resolución da Dirección Xeral da Función Pública, do 14 de setembro de 2020 (DOG núm. 188, do 16 de setembro), designado para cualificar o proceso extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 003 do grupo V (ordenanza e outras) de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 5 de marzo de 2019 (DOG núm. 49, do 11 de marzo), con corrección de erros (DOG núm. 53, do 15 de marzo), de conformidade co disposto nas bases da convocatoria.

ACORDOU:

Primeiro. Publicar a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución, para presentar a documentación prevista na citada base.

Segundo. Elevar esta relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Terceiro. De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2022

Javier Suárez Salvado
Presidente do tribunal

ANEXO

Nº orde

NIF

Apelidos e nome

1º exercicio

2º exercicio

Concurso

Total

1

***9256**

Rodríguez Castro, Carlos

21,88

Exento/a

20,00

41,88

2

***6128**

Girón Díaz, Francisco Manuel

23,13

Exento/a

17,00

40,13

3

***9060**

Varela Gestal, Roberto

20,63

Exento/a

18,82

39,45