Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Luns, 28 de novembro de 2022 Páx. 61305

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2022 pola que se publica a concesión dos premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2021/22 en centros públicos de Galicia, convocados pola Orde do 21 de xullo de 2022 (Diario Oficial de Galicia do 10 de agosto).

A Orde do 21 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2021/22 en centros públicos de Galicia, establece, no seu artigo 14, que unha vez efectuada a selección, a Comisión Avaliadora elevará, a través da Dirección Xeral Formación Profesional, un informe-proposta ao conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, para a adxudicación dos premios mediante a correspondente resolución para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez publicada a listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas nos premios fin de carreira e vista a acta coa proposta definitiva da Comisión Avaliadora de adxudicación dos premios fin de carreira, e por proposta da directora xeral de Formación Profesional,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia, para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2021/22 en centros públicos de Galicia, ao alumnado que figura no anexo I desta resolución.

Segundo. Publicar no anexo II a listaxe das persoas que non obtiveron premio fin de carreira segundo as bases reguladoras da Orde do 21 de xullo de 2022.

Terceiro. Contra esta resolución de adxudicación de premios, que esgota a vía administrativa, as persoas afectadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses, segundo o previsto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2022

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 29.7.2022; DOG núm. 151, do 9 de agosto)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades

ANEXO I

Listaxe das persoas beneficiarias dos premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia e contía

Modalidade de Arte Dramática

Apelidos e nome

Especialidade

Centro

Contía

Casal Mouriño, Roberto

Dirección escénica e dramaturxia

ESAD Galicia

3.500 €

Modalidade de Conservación e Restauración de Bens Culturais

Apelidos e nome

Especialidade

Centro

Contía

Otero Moreira, Brianda

Escultura

ESCRBC de Galicia

3.500 €

Modalidade de Deseño

Apelidos e nome

Especialidade

Centro

Contía

Cordero Rodríguez, Belén

Gráfico

EASD Ramón Falcón

3.500 €

Figueira Caamaño, Claudia

Moda

EASD Mestre Mateo

3.500 €

Modalidade de Música

Apelidos e nome

Especialidade

Centro

Contía

López López, Lucas

Interpretación

CMUS Superior de Vigo

3.500 €

Pousa Cabaleiro, Javier

Interpretación

CMUS Superior de Vigo

3.500 €

ANEXO II

Listaxe das persoas que non obtiveron premio fin de carreira con base no establecido na Orde do 21 de xullo de 2022

Modalidade de Arte Dramática

Apelidos e nome

Especialidade

Centro

Fernández Sánchez, Ana

Interpretación

ESAD de Galicia

Rey Seoane, Sara

Dirección escénica e dramaturxia

ESAD de Galicia

Tordable Otero, Sonsoles

Interpretación

ESAD de Galicia

Modalidade de Deseño

Apelidos e nome

Especialidade

Centro

Bouza Cando, Raquel

Gráfico

EASD Ramón Falcón

Gil da Concepción, Andrea

Gráfico

EASD Antonio Faílde

López Vilas, Estela

Gráfico

EASD Ramón Falcón

Lorenzo López, Teolinda

Moda

EASD Mestre Mateo

Rodríguez Dorado, Patricia

Gráfico

EASD Pablo Picasso

Soto González, Brenda

Moda

EASD Mestre Mateo

Vizoso López, Raquel

Gráfico

EASD Ramón Falcón

Modalidade de Música

Apelidos e nome

Especialidade

Centro

Diéguez Varela, Marta

Interpretación

CMUS Superior de Vigo

Domínguez González, María

Dirección

CMUS Superior da Coruña

Garrido Rodríguez, Manuel

Musicoloxía

CMUS Superior de Vigo

Resch Pérez, Mencía

Interpretación

CMUS Superior da Coruña