Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Luns, 28 de novembro de 2022 Páx. 61437

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 14 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican diversos expedientes sancionadores por infraccións das persoas traballadoras ou asimiladas beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e logo de intentar a notificación persoal no domicilio que consta nos nosos arquivos, notifícaselles ás persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego que se sinalan no anexo, as comunicacións de inicio ou resolucións do procedemento sancionador, por infraccións na orde social. A seguir publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Para o caso de comunicacións de inicio do procedemento sancionador, outórgaselles un prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente e presentar a documentación que consideren oportuna.

Para o caso de resolucións do procedemento sancionador, a resolución sancionadora esgota a vía administrativa e poderá interpoñer, dentro do prazo de trinta (30) días hábiles, desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, reclamación administrativa previa, conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social. Contra as resolucións das reclamacións administrativas previas en materia de prestacións da Seguridade Social que esgotan a vía administrativa cabe formular demanda perante o xulgado do social competente, no prazo de dous meses seguintes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica e constancia deste coñecemento, a persoa interesada poderá comparecer debidamente acreditada na oficina de emprego que corresponda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no citado artigo 44, parágrafo segundo da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 14 de noviembre de 2022

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Interesado/a (DNI/NIE)

Nº expediente

Acto que se notifica

Concello

35653694Z

35653694Z/08-08-2022/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Lugo

49947467T

49947467T/10-05-2022/2.1.D

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Lugo

76618740J

76618740J/08-09-2022/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Sarria

X3273452T

X3273452T/10-08-2022/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Lugo

X6989677T

X6989677T/04-03-2022/2.1.D

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Lugo

Y1831158G

Y1831158G/11-08-2022/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Lugo

Y3878742J

Y3878742J/10-10-2022/2.1.D

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Vilalba

35656884F

35656884F/21-04-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Viveiro

45816532A

45816532A/14-01-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Lugo

71034480S

71034480S/09-05-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Viveiro

X7641184D

X7641184D/13-07-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Sarria

X9042333K

X9042333K/27-05-2022/2.1.A

Resolución de procedemento sancionador

Viveiro

33305490H

33305490H/20-05-2022/2.1.D

Resolución de reclamacións administrativas previas

Láncara