Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Luns, 28 de novembro de 2022 Páx. 61411

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 10 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a afección de dúas parcelas pola instalación eléctrica de regulamentación da LMTA PSY804 Santo Adrián Signo 4 4, entre os apoios A1AQWHGA//70 e A1HGF318//70-2, prevista no termo municipal de Moaña (expediente IN407 2022/370-4).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), por resultaren descoñecidas as persoas interesadas, notifícaselles a información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación de regulamentación da LMTA PSY804 Santo Adrián Signo 4 4, entre os apoios A1AQWHGA//70 e A1HGF318//70-2 (expediente IN407 2022/370-4) e as afeccións das parcelas indicadas no anexo.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Provincial de Pontevedra da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 10 de novembro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: IN407A 2022/370-4.

Denominación: regulamentación da LMTA PSY804 Santo Adrián Signo 4 4 entre os apoios A1AQWHGA//70 e A1HGF318//70-2.

Concello: Moaña.

Núm.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

Núm.

m2

1

San Lourenzo-Domaio

Eucalipto

36029A032000030000IR

Descoñecido/a

A1CHB1G5//70-1

2

2

San Lourenzo-Domaio

Piñeiral

36029A033100790000IB

Descoñecido/a

A1CHB1G5//70-1 bis

2