De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), por resultaren descoñecidas as persoas interesadas, notifícaselles a información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación de reforma da LMTA TUI803 no hospital (expediente IN407 2022/379-4) e as afeccións das parcelas indicadas no anexo.
Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Provincial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 10 de novembro de 2022
Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº expediente: IN407A 2022/379-4.
Denominación: reforma LMTA TUI803 no hospital.
Concello: Tomiño.
Nº |
Lugar |
Cultivo |
Referencia catastral |
Titular |
Apoio |
Afeccións |
||
nº |
m2 |
lonx. |
m2 sub. |
|||||
1 |
Maceiras |
Rústico |
36054A052003870000EU |
Descoñecido/a |
1 |
1,21 |
||
2 |
Maceiras |
Rústico |
36054A052003560000EH |
Descoñecido/a |
2 |
1,21 |