Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Martes, 29 de novembro de 2022 Páx. 61518

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2022, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se publica a reasignación dos créditos orzamentarios recollidos na Orde do 4 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2021-2022 (códigos de procedemento TR341K, TR341E, TR341N e TR341M).

No DOG núm. 160, do 20 de agosto de 2021, publicouse a Orde do 4 de agosto 2021 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2021-2022 (códigos de procedemento TR341K, TR341E, TR341N e TR341M). No DOG núm. 248, do 28 de decembro de 2021, publicouse a Orde do 23 de decembro de 2021 pola que se ampliaba o crédito da convocatoria, e no DOG núm. 251, do 31 de decembro de 2021, publicouse a Orde do 29 de decembro pola que se aprobou unha segunda ampliación do crédito.

A dita Orde do 4 de agosto de 2021, no artigo 2.5, recolle a posibilidade de reasignar as contías sobrantes da asignación inicial do crédito de cada aplicación orzamentaria, proxecto ou programa de axudas para atender as necesidades de crédito doutras aplicacións, proxectos e/ou programas. As reasignacións levaranse a cabo logo das modificacións orzamentarias que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Unha vez revisados os expedientes do programa II (procedementos TR341E e TR341N), compróbase que existe remanente de crédito suficiente para atender unha parte das necesidades do programa III.

Por todo o exposto e co fin de liquidar os expedientes de axudas do programa III da Orde do 4 de agosto de 2021

RESOLVO:

Primeiro. Modificar o crédito destinado ás axudas convocadas pola Orde do 4 de agosto 2021 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2021-2022, redistribuíndo o crédito asignado nos programas de axudas II e III e sen variar o orzamento total consignado na convocatoria.

Programa de axudas (procedemento)

Aplicación

Importe

Programa II (TR341E e TR341N). Axudas á creación postos estables, adaptación e asistencia técnica en centros especiais de emprego

11.04.324C.470.3

- 390.000,00

Programa II (TR341E e TR341N). Axudas á creación postos estables, adaptación e asistencia técnica en centros especiais de emprego

11.04.324C.481.3

- 112.000,00

Programa III (TR341M). Axudas ao mantemento do custo salarial das persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego

11.04.324C.470.4

502.000,00

Segundo. Esta modificación non implicará apertura de prazo para presentar novas solicitudes.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2022

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo
e Economía Social