Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Martes, 29 de novembro de 2022 Páx. 61649

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilaboa

ANUNCIO de notificación no procedemento de orde de execución (expediente 863/2022).

Logo de non ser posible efectuar a comunicación á cal se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, por seren descoñecidos os interesados no procedemento, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase este anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no Boletín Oficial del Estado (BOE) para que lle sirva de notificación á persoa interesada, para que compareza e tome coñecemento do texto íntegro do acto que está á súa disposición no Concello de Vilaboa (Toural, 1, Pontevedra). Igualmente, poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.

Acto que se notifica: orde de execución (expediente 863/2022).

Referencia catastral: 36058A040001690000LO (polígono 40, parcela 169).

Prazo: 15 días hábiles.

Vilaboa, 17 de outubro de 2022

César Poza González
Alcalde