Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Martes, 29 de novembro de 2022 Páx. 61648

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Friol

ANUNCIO da convocatoria para a provisión de oficiais de primeira como persoal laboral fixo.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 255, do 8 de novembro de 2022, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para a provisión dunha praza de oficial de primeira encargado de obras e servizos múltiples e outra de oficial de primeira de obras e servizos múltiples, do cadro de persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna.

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación de anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes á convocatoria, cando procedan, faranse públicos na sede electrónica do Concello, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria.

Friol, 8 de novembro de 2022

José Ángel Santos Sánchez
Alcalde