Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Mércores, 30 de novembro de 2022 Páx. 61682

III. Outras disposicións

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de novembro 2022 pola que se dá publicidade da relación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 1 de xuño de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, correspondentes ás liñas de actuación 1 e 2.i de reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos, no marco do investimento C15.I2 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o período 2022-2023 (código de procedemento PR603B).

O 20 de xuño de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución da Dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, do 1 de xuño de 2022, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, correspondentes ás liñas de actuación 1 e 2.i de reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos, no marco do investimento C15.I2 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o período 2022-2023 (código de procedemento PR603B).

Así mesmo, o 20 de xuño de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia o extracto da dita convocatoria, co identificador 633269 da Base de datos nacional de subvencións, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Ao abeiro da dita convocatoria, con data do 28 de outubro de 2022, a Dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ditou resolución de concesión e denegación de subvencións, con indicación de que se lles notificase aos interesados.

Segundo o establecido nos artigos 17.3 das bases reguladoras aprobadas pola Resolución do 1 de xuño de 2022 e 20.8.b) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, as subvencións concedidas serán publicadas no Diario Oficial de Galicia e tamén remitidas á Base de datos nacional de subvencións.

Faise constar que, consonte o establecido no artigo 5 da Resolución do 1 de xuño de 2022, este crédito financiarase con fondos europeos procedentes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

En consecuencia, resolvo que se proceda á publicación da relación de expedientes que resultaron beneficiarios da subvención, que se incorpora como anexo a esta resolución, e que se remita a información da concesión á Base de datos nacional de subvencións.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2022

Julián Cerviño Iglesia
Director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

ANEXO

a) Norma reguladora da convocatoria: Resolución do 1 de xuño de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, correspondentes ás liñas de actuación 1 e 2.i de reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos, no marco do investimento C15.I2 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o período 2022-2023 (código de procedemento PR603B) (DOG núm. 117, do 20 de xuño).

b) Programa: 571A.

c) Crédito orzamentario: 04.A1.571A.770.0. Achegas ás empresas para o desenvolvemento da sociedade da información.

d) Finalidade: subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para o reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos.

e) Entidades beneficiarias e cantidades concedidas de subvención:

Expediente

Entidade

NIF

Liña de actuación

Ano 2022

Ano 2023

PR603B_005

Telefónica de España, S.A.U.

A82018474

Liña 1

0,00 €

300.051,61 €

PR603B_006

Telefónica de España, S.A.U.

A82018474

Liña 2

0,00 €

82.299,57 €