Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Xoves, 1 de decembro de 2022 Páx. 61907

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 15 de novembro de 2022, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado, relativo ao monte de Valados, no concello de Baralla (expediente 128/77).

Na sesión realizada polo xurado provincial o día 22.9.2022, figura o seguinte acordo sobre o monte veciñal en man común Valados (expediente 128/77), pertencente aos veciños do lugar de Valados, parroquia de Neira de Rei, concello de Baralla.

O 21.1.2022 tivo entrada unha copia da sentenza firme do 4.2.2021, ditada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Becerreá no procedemento ordinario 91/2020. No seu fallo, estímase integramente a demanda e declara que o predio de Valados se define cos lindes do feito sétimo (7º) da demanda e informes elaborados polo técnico Alberto Gallego Becerra (documento 24 da demanda) coas precisións en canto ao límite con Castrolanzán; que o dito predio foi clasificado, en parte, como monte veciñal en man común de Valados e invade o monte veciñal en man común de Castrolanzán (expediente 139/79). Así mesmo, identifica a pertenza e condena as comunidades de Castrolanzán e de Vilares a deslindar os seus montes co territorio de Valados conforme o acto conciliatorio celebrado no Xulgado de Paz de Baralla o 14.2.2020.

De acordo coa sentenza, o 13.9.2022, o Servizo de Montes emitiu un informe (2021_12) en que se especifica que, tras a súa aplicación, o monte veciñal en man común de Valados queda sen superficie efectiva, polo que se entende que, de facto, se trata dunha desclasificación.

Examinada a devandita sentenza, o xurado, por unanimidade, acorda dar cumprimento ao establecido nela e proceder a anular a clasificación, coa correspondente cancelación da inscrición do monte no Rexistro de Montes Veciñais en Man Común.

Ao descoñecerse o nome e o enderezo dos posibles titulares de dereitos e intereses sobre o referido monte, por medio do presente anuncio, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, comunícase o dito acordo.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 15 de novembro de 2022

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo