Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Xoves, 1 de decembro de 2022 Páx. 61780

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

ORDE do 21 de novembro de 2022 pola que se dispón a renovación dun vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que se deberán facer necesariamente a proposta das administracións públicas e dos organismos e entidades que aqueles representen.

O Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 16 de setembro de 2010, faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das ditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída, por proposta da Confederación de Empresarios da Coruña,

DISPOÑO:

A renovación de Antonio Fontenla Ramil como vogal representante das organizacións empresarias no Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2022

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar