Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Xoves, 1 de decembro de 2022 Páx. 61779

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

ORDE do 21 de novembro de 2022 pola que se dispón a renovación dunha vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que se deberán facer necesariamente por proposta das administracións públicas e dos organismos e entidades que aqueles representen.

O Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 16 de setembro de 2010, faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das ditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída, por proposta do presidente do organismo público Portos do Estado,

DISPOÑO:

A renovación de María Luz Santiago Suárez como vogal representante da Administración xeral do Estado no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2022

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar