Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Xoves, 1 de decembro de 2022 Páx. 61868

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2022/311-1).

Expediente: IN407A 2022/311-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: repotenciación do CT 15CL92 Caja de Ahorros en Santiago de Compostela.

Situación: concello de Santiago de Compostela.

Feitos:

Primeiro. O 29.9.2022, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a esta xefatura territorial o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións do proxecto de execución denominado repotenciación do CT 15CL92 Caja de Ahorros en Santiago de Compostela, coa finalidade de mellorar a calidade da subministración eléctrica, así como crear a infraestrutura eléctrica necesaria para atender futuras demandas de subministracións eléctricas na contorna da rúa Doutor Teixeiro, concello de Santiago de Compostela. Para este fin, proxéctase un aumento de potencia do centro de transformación (CT) Caja de Ahorros (expediente IN407A 2007/485-1/matrícula: 15CL92) de 800 kVA de potencia alimentado pola liña de distribución de media tensión LMT SNT-803 Vidán-Animalario, 3, procedente da subestación de Santiago de Compostela, e instálase un novo transformador de 1.000 kVA de potencia.

Segundo. O promotor achegou xunto coa antedita solicitude o proxecto de execución, que inclúe memoria, planos e orzamento, conforme establece o artigo 123 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que comprende os seguintes documentos:

– Proxecto de execución denominado repotenciación do CT 15CL92 Caja de Ahorros en Santiago de Compostela, subscrito por Tito Arias Santos, enxeñeiro técnico industrial (colexiado nº 1.010, do Copitile), acompañado de declaración responsable asinada o 15.9.2022 polo técnico proxectista, conforme a Instrución 5/2012, do 15 de novembro, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, sobre os criterios que se deben aplicar para exixir visado colexial en materia de industria e enerxía (DOG núm. 229, do 30 de novembro).

Terceiro. Coa mención expresa recollida no punto 4. Regulamentación da memoria do antedito proxecto, o técnico proxectista acredita o cumprimento da normativa de aplicación nos termos dispostos no artigo 53.1.b) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Cuarto. O proxecto presentado por UFD Distribución Electricidad, S.A. non se someteu ao trámite de información pública, de conformidade co disposto no artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

En cumprimento do artigo 46.e) da dita lei, o solicitante declarou que na execución das instalacións recollidas no proxecto de referencia non se afectan bens e/ou dereitos de propiedade particular.

Quinto. UFD Distribución Electricidad, S.A. presentou o 21.10.2022 perante esta xefatura territorial, un escrito en que manifesta que no proxecto repotenciación do CT 15CL92 Caja de Ahorros en Santiago de Compostela non se prevén afeccións a bens e/ou dereitos a cargo das distintas administracións, organismos, empresas de servizo público ou de interese xeral, de tal xeito que non se achegaron separatas para os efectos previstos nos artigos 127 e 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Sexto. Con data do 7.11.2022, os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe sobre a solicitude feita por UFD Distribución Electricidad, S.A.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial da Coruña da Consellería de Economía, Industria e Innovación é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro) e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo).

A lexislación de aplicación a este expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica (BOE núm. 175, do 24 de xuño).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 18 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que e aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

As características máis significativas das instalacións recollidas no proxecto repotenciación do CT 15CL92 Caja de Ahorros en Santiago de Compostela, obxecto da solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción, son:

– Repotenciación do CT Caja de Ahorros (expediente IN407A 2007/485-1/matrícula: 15CL92) instalado en local de edificio e alimentado pola LMT SNT-803 Vidán-Animalario, 3, procedente da subestación Santiago de Compostela. Novo transformador de 1.000 kVA de potencia, relación de transformación de 20/0,4-0,23 kV e retirada do transformador existente.

Emprazamento: rúa Doutor Teixeiro, Santiago. Concello de Santiago de Compostela.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións de media tensión recollidas no proxecto repotenciación do CT 15CL92 Caja de Ahorros en Santiago de Compostela de características anteriormente descritas, coas seguintes consideracións:

– Esta autorización outórgase sen prexuízo daquelas concesións e autorizacións que sexan necesarias de acordo con outras disposicións que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente e en especial as relativas á ordenación do territorio e o ambiente, tal e como se dispón no artigo 120.2 do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

– De conformidade co establecido no artigo 111 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, esta autorización circunscríbese ás instalacións de tensión maior de 1 kV.

– As instalacións executaranse no prazo dun (1) ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

– Para a posta en funcionamento das instalacións, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitará a esta xefatura territorial a autorización da súa explotación, acompañada da seguinte documentación:

a) As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

b) Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

c) Toda a documentación exixible segundo a ITC LAT-04 do Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, e a ITC RAT-22 do Real decreto 337/2014, do 9 de maio.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan promover calquera outra acción que consideren pertinente para a defensa dos seus intereses.

Mediante este documento notifícaselle a UFD Distribución Electricidad, S.A. esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 10 de novembro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña