Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Xoves, 1 de decembro de 2022 Páx. 61883

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 22 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico, PIA) do proxecto do parque eólico Abrente nos concellos de Vilasantar, Sobrado e Curtis (expediente IN408A 2018/025).

Sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación, en cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2001, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación.

Solicitante/promotor: Green Capital Power, S.L. (CIF B85945475).

Enderezo para os efectos de notificacións: rúa das Hedras, nº 6, bx.-I, 15895 O Milladoiro, Ames (A Coruña).

Denominación do proxecto: parque eólico Abrente (expediente IN408A 2018/025).

Concellos afectados: Vilasantar, Sobrado e Curtis (A Coruña).

Potencia máxima do parque: 27,6 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 5 ud.×5,7 MW de potencia nominal unitaria.

Produción neta estimada: 87.066 MWh/ano.

Orzamento total (execución material): 22.797.154,77 €.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Localización (área de afección):

Parque eólico Abrente

A.D.E.

ADE I-9-2 Monte da Corda

Vértice poligonal

Parque eólico Abrente

UTM ETRS 89 fuso 29

UTM-X

UTM-Y

1

578.874,99

4.769.285,89

2

577.375,01

4.765.285,85

3

571.874,89

4.770.285,85

4

575.374,89

4.773.785,89

Aeroxerador

Parque eólico Abrente

UTM ETRS 89 fuso 29

UTM-X

UTM-Y

ABR01

574.613

4.770.115

ABR02

574.170

4.770.322

ABR03

574.158

4.770.760

ABR04

573.527

4.770.748

ABR05

574.350

4.771.791

Torre meteorolóxica

Parque eólico Abrente

UTM ETRS 89 fuso 29

UTM-X

UTM-Y

Centro

574.904

4.769.874

Subestación

Parque eólico Abrente

UTM ETRS 89 fuso 29

UTM-X

UTM-Y

P1

575.391

4.769.381

P2

575.419

4.769.430

P3

575.466

4.769.403

P4

575.427

4.769.335

Características técnicas das instalacións:

• Cinco (5) aeroxeradores modelo N163 HH164 5.7MW ou similar de 5,7MW de potencia unitaria. Os aeroxeradores son de velocidade e paso variable, teñen unha altura da buxa de 164 m e un diámetro de rotor de 163 m. O sistema de regulación de potencia configurarase para limitar a potencia activa máxima do parque a 27,60 MW de forma permanente, de acordo coa potencia admisible no punto de conexión.

• Cinco (5) centros de transformación tipo seco de relación de transformación 0,69/30 kV, coas súas correspondentes celas de sección, protección e manobra.

• Rede eléctrica soterrada de 30 kV, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e a subestación transformadora do parque de 30/132 kV composto por condutores tipo RHZ1-2OL 18/30 kV de seccións 95 mm², 240 mm², 630 mm² de aluminio.

• Rede de terras:

– A posta a terra dos aeroxeradores consistirá no anel interior, exterior de cable de Cu de 50 mm², e eléctrodo perimetral sito a 1 m de distancia da aresta exterior da cimentación, consistente en cable de Cu de 50 mm² soterrado a 1 m. A este anel do eléctrodo conectarase o armado da cimentación polo menos en 4 puntos empregando varetas de aceiro inoxidable, todas as unións se realizarán con soldadura aluminotérmica. Os dous aneis e o eléctrodo interconectaranse con condutores radiais de igual sección.

– Rede de terras xeral, coa finalidade de acadar unha superficie equipotencial en todo o parque, uniranse entre si e á rede de terras da SET Abrente as instalacións de posta a terra dos aeroxeradores mediante cable de acompañamento de Cu de 50 mm² soterrados na mesma gabia que os cables da rede soterrada e se conectará ás platinas de posta a terra dos aeroxeradores e das celas da subestación.

– A posta a terra da torre meteorolóxica realizarase con cable de Cu espido de 50 mm², tendido na mesma gabia que a rede soterrada.

– Para realizar a rede de terras da SET, soterrarase unha malla básica de eléctrodos de Cu espido de 95 mm² a profundidade 0,8 m da plataforma. Todas as conexións de malla a cruzamentos e derivacións se realizarán mediante grampas e terminais.

• Rede de comunicacións constituída por condutor de fibra óptica.

• Unha torre meteorolóxica de 164 m.

• A subestación de 30/132 kV divídese en: sistema de 132 kV, sistema de 30 kV, sistema de control, comunicacións e protección, sistema de posta a terra, servizos propios da subestación.

– A configuración do sistema de 132 kV é a seguinte:

Posición liña/transformador: tres autoválvulas na entrada da liña de AT de 132 kV, tres transformadores de tensión de 132 kV, un seccionador tripolar con posta a terra de 132 kV, un interruptor trifásico automático de 132 kV con mando unipolar, tres transformadores de intensidade de 132 kV, tres autoválvulas para protección do transformador de potencia 132 kV, un transformador de potencia de 25/30 MVA e relación de transformación 132/30 kV (ONAN/ONAF) con grupo de conexión Ynd11.

– A configuración do sistema de 30 kV é simple barra cos conxuntos de celas seguintes:

- Barras transformador: unha cela de protección do transformador de potencia, unha cela de transformador de servizos auxiliares, tres celas de seccionamento con posta a terra, unha cela de protección de batería de condensadores, medida de tensión en barras.

- PE Abrente: dúas celas de protección de liña (circuítos colectores procedentes do parque eólico), unha cela de seccionamento con posta a terra, medida de tensión en barras.

A subestación Abrente disporá dun edificio de control, con salas independentes para distintos usos. Prevense as salas de oficina, vestiario, aseo, comedor, sala de celas, sala de protección e control, sala de Scada e sala para almacén e obradoiro.

• A evacuación da enerxía xerada no PE Abrente realizarase a través da LAT 132 kV Abrente-Gasalla (expediente IN408A 2020/136, en tramitación) ata a SET do parque eólico Gasalla (expediente: IN408A 2017/026, en tramitación), desde esta SET a través da LAT 132 kV Gasalla-Mesón do Vento (expediente IN408A 2020/124, en tramitación) ata a SET colectora Mesón do Vento 132/220 kV (expediente IN 408A 2020/145, en tramitación), nesta subestación elevarase a tensión a 220 kV para evacuar conxuntamente, a través dunha liña aérea de 220 kV cos demais parques do clúster, ata o punto de conexión a rede na SET Mesón do Vento 220 kV, propiedade de REE.

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico, PIA) das instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución do PE Abrente (novembro 2022, visado o 14.11.2022).

1.1. Plano xeral do proxecto do parque eólico.

2. O estudo de impacto ambiental (EIA) do PE Abrente (setembro 2022. Rev-06, asinado o 21.9.2022).

3. O proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico, PIA) PE Abrente (xaneiro 2021, visado o 4.3.2021).

Polo exposto, o proxecto faise público para o coñecemento xeral, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se é o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña, teléfonos 981 18 49 83 e 981 18 49 23), de luns a venres, das 9.00 as 14.00 horas, así como na casa dos concellos de Vilasantar, Sobrado e Curtis (A Coruña). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

A Coruña, 22 de novembro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña