Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Venres, 2 de decembro de 2022 Páx. 62211

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2022 pola que se fai pública a data e a hora de apertura en acto público da documentación administrativa e económica (sobre único) do servizo de practicaxe no porto de Ribadeo.

Unha vez rematado o prazo de presentación de ofertas no procedemento da convocatoria para o outorgamento dunha única licenza de prestación de servizo especial de practicaxe do porto de Ribadeo, conforme o artigo 116 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, faise pública a data e a hora da apertura en acto público da documentación administrativa e económica (sobre único).

– Mesa/acto: apertura da documentación administrativa e económica (sobre único).

– Lugar: telemático, impulsado desde a sala de xuntas de Portos de Galicia, praza de Europa, 5A-6º, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña). Solicítese asistencia no correo concepcion.maceira.miras@xunta.gal, ata as 14.00 horas do día previo á apertura.

– Data: 14 de decembro de 2022.

– Hora: 10.00 horas.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2022

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia