Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Venres, 2 de decembro de 2022 Páx. 62210

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 26 de outubro de 2022, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A. de prórroga ordinaria e ampliación de prazo extraordinario correspondente á concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario de Portonovo para a construción de instalación de subministración de combustible a embarcacións (expediente 13-10-04-C1).

Carlos Sánchez Nieto solicita, en nome e representación de Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A., a prórroga ordinaria e ampliación de prazo extraordinario da concesión administrativa para a construción dunha instalación de subministración de combustible a embarcacións no dominio público portuario de Portonovo.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto, 1, 1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 26 de outubro de 2022

Mateo Ruibal Fernández
Xefe da Zona Sur de Portos de Galicia