Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Venres, 2 de decembro de 2022 Páx. 62006

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 22 de novembro do 2022 pola que se adxudican as axudas destinadas ao apoio de entidades que superaron os limiaries mínimos do programa Neotec (convocatoria 2021), convocadas pola Resolución do 4 de agosto de 2022.

Mediante a Resolución da Axencia Galega de Innovación do 4 de agosto de 2022 (DOG núm. 165, do 31 de agosto) convocáronse as subvencións destinadas ao apoio de entidades que superaron os limiares mínimos establecidos na Resolución do 7 de maio de 2021, da Presidencia do Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial, E.P.E. (CDTI), pola que se aproba a convocatoria para o ano 2021 do procedemento de concesión de axudas destinadas a novos proxectos empresariais de empresas innovadoras (programa Neotec).

No seu artigo 22 regúlase a resolución e notificación destas axudas unha vez que a Comisión de Selección establecida no artigo 19 seleccione as solicitudes admitidas e emita un informe no cal se concrete o resultado da avaliación efectuada e a contía da axuda proposta, conforme os criterios establecidos no artigo 20.

De acordo con isto, e atendendo ao informe elaborado na sesión do 10 de novembro de 2022 pola Comisión de Selección,

RESOLVE:

1. Conceder as axudas para o desenvolvemento de novos proxectos empresariais de empresas innovadoras, a todas as solicitudes que superaron os criterios de elixibilidade indicados na Resolución do 4 de agosto de 2022 que figuran como anexo I a esta proposta (ordenadas por número de expediente). O importe total das axudas concedidas é 4.408.957,42 €, con cargo á aplicación orzamentaria que se recolle no seguinte cadro:

Aplicación orzamentaria

Ano 2022

Ano 2023

Ano 2024

06.A2.561A.770.0 (CP 2016 00013)

1.163.341,90

2.098.902,66

1.146.712,86

2. O pagamento destas axudas realizarase conforme o establecido no artigo 30 da resolución de convocatoria.

3. Para a xustificación da subvención deberá presentarse a documentación indicada nos artigos 28 e 29 da resolución de convocatoria no prazo establecido no artigo 27.

4. Contra esta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, perante o presidente da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Sasntiago de Compostela, 22 de novembro de 2022

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Entidades beneficiarias

Cód. expediente

Nome entidade

NIF

Puntuación total

Orzamento total

Axuda total

Axuda anualidade 2022

Axuda anualidade

2023

Axuda anualidade

2024

001_2359297_IN870A

M2sensors, S.L.

B47793443

52,20

343.248,36

291.761,10

58.904,98

113.772,90

119.083,22

002_2370036_IN870A

Articae Smart Technologies, S.L.

B02723658

47,70

319.116,00

271.248,60

67.490,85

135.644,70

68.113,05

003_2371202_IN870A

Qaroni Emea, S.L.

B70611942

64,40

363.847,00

309.269,95

159.994,65

149.275,30

0,00

004_2373159_IN870A

Indominus As, S.L.

B27507268

71,60

359.748,00

305.785,80

61.523,00

142.344,40

101.918,40

005_2387372_IN870A

Bflow, S.L.

B70616990

67,70

209.546,00

178.114,10

46.372,60

90.552,20

41.189,30

006_2387767_IN870A

Vribus Tech, S.L.

B01803725

62,00

361.061,00

250.000,00

52.034,14

89.219,00

108.746,86

007_2393664_IN870A

Ibonelab, S.L.

B27514330

69,60

275.090,00

233.826,50

137.011,89

88.577,40

8.237,21

008_2398385_IN870A

Rawlidar, S.L.

B01736487

64,20

355.427,80

248.799,47

53.145,32

89.394,26

106.259,89

009_2400941_IN870A

Vig-Sec Drone, S.L.

B94193281

65,20

331.744,00

232.220,80

50.114,40

110.400,50

71.705,90

010_2401058_IN870A

Neboda Farms, S.L.

B94187028

70,90

426.582,00

325.000,00

69.849,76

147.860,67

107.289,57

011_2401256_IN870A

Plataforma Agrocontratación, S.L.

B52564903

51,70

360.000,00

250.000,00

50.000,00

131.828,70

68.171,30

012_2402294_IN870A

Marketing4talent, S.L.

B27874775

74,20

370.530,00

314.950,50

63.691,28

157.481,37

93.777,85

013_2405930_IN870A

Flowreserve Labs, S.L.

B02906691

69,50

274.649,00

233.451,66

51.114,33

106.738,33

75.599,00

014_2406151_IN870A

Genome4care, S.L.

B70615943

71,10

386.396,00

325.000,00

76.377,78

169.655,71

78.966,51

015_2406663_IN870A

Aigecko Technologies, S.L.

B02682300

45,60

381.320,00

324.122,00

65.956,60

160.510,60

97.654,80

016_2410656_IN870A

Nakatan Trade, S.L.

B01994318

55,70

371.066,99

315.406,94

99.760,32

215.646,62

0,00

Totais

5.489.372,15

4.408.957,42

1.163.341,90

2.098.902,66

1.146.712,86