Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Venres, 2 de decembro de 2022 Páx. 62009

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas, incluídas no Plan de modernización e competitividade do sector turístico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2023 (código de procedemento TU986B).

O Consello Europeo aprobou o 21 de xullo de 2020 a creación do programa NextGenerationEU, como instrumento de estímulo económico en resposta á crise causada polo coronavirus.

O 10 de novembro de 2020, o Parlamento Europeo e o Consello alcanzaron o acordo sobre o paquete de medidas que inclúe os fondos NextGenerationEU e o Marco financeiro plurianual 2021-2027, creándose o Mecanismo europeo de recuperación e resiliencia, como instrumento de apoio aos Estados membros a través de transferencias directas e préstamos para incrementar os investimentos públicos e acometer reformas para paliar os devastadores danos producidos pola COVID-19.

O Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, sinala que os Estados membros elaborarán plans de recuperación e resiliencia nacionais para acollerse a el e alcanzar os obxectivos establecidos e serán presentados formalmente polos Estados, como moi tarde o 30 de abril.

A Resolución do 29 de abril de 2021, da Subsecretaría do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, dá publicidade ao Acordo do Consello de Ministros, do 27 de abril de 2021, polo que se aproba o Plan de recuperación, transformación e resiliencia, que define as estratexias que se seguirán no desenvolvemento dos fondos europeos de recuperación. As medidas que recolle o Plan cumpren cos seis alicerces establecidos polo Regulamento da UE e articúlanse ao redor de catro eixes principais (a transición ecolóxica, a transformación dixital, a cohesión social e territorial e a igualdade de xénero). Estes catro eixes de traballo desenvólvense a través de dez políticas panca, que integran, á súa vez, 30 compoñentes, para contribuír a alcanzar os obxectivos xerais do Plan.

O 7 de abril de 2022 publicouse no Boletín Oficial del Estado o Acordo da Conferencia Sectorial de Turismo do 29 de marzo de 2022, sobre repartición territorial de crédito correspondente ao orzamento de 2022, da liña de financiamento para proxectos de eficiencia enerxética e economía circular de empresas turísticas, do plan de recuperación, transformación e resiliencia (BOE núm. 83, do 7 de abril).

As actuacións que se van desenvolver neste ámbito teñen como finalidade a execución da submedida 2 «Financiamento de proxectos de eficiencia enerxética e economía circular», incluída no investimento 4 «Actuacións especiais no ámbito da competitividade», no marco do compoñente 14 «Plan de modernización e competitividade do sector turístico», ao tempo que contribúen á consecución do obxectivo CID 227.

Sinala que a execución deste programa contribuirá a alcanzar os obxectivos ambientais e enerxéticos establecidos na normativa da Unión Europea, mediante a realización de actuacións de reforma de edificios existentes destinados a aloxamento turístico, con independencia da natureza xurídica dos seus titulares, que favorezan a redución do consumo de enerxía final e das emisións de dióxido de carbono, segundo o establecido polo artigo 7 da Directiva 2012/27/UE, do 25 de outubro de 2012, revisada pola Directiva 2018/2002, mediante o aforro enerxético, a mellora da eficiencia enerxética e o aproveitamento das enerxías renovables, de conformidade coas condicións establecidas polas respectivas convocatorias que efectúen as comunidades e cidades autónomas. A Axencia Turismo de Galicia é o organismo encargado da xestión deste programa na Comunidade Autónoma de Galicia.

Esta resolución tramítase en cumprimento da obriga establecida na base 10.2 do citado acordo da conferencia sectorial, en que se indica que as comunidades autónomas deben efectuar a convocatoria deste programa no prazo máximo de dous meses desde a data en que se teñan transferido os fondos obxecto do dito acordo, segundo a modificación do dito acordo pola Resolución do 22 de setembro de 2022, publicada no BOE núm. 235, do 30 de setembro.

De conformidade coas facultades atribuídas nas bases 15 e 17, para a configuración de determinados elementos deste programa, a Comunidade Autónoma de Galicia considera, por razóns de eficacia e axilidade na súa xestión, acoutar, por unha banda, as persoas e entidades beneficiarias destas axudas e, por outra, limitar as actuacións, só para edificios completos cuxo uso sexa o aloxamento turístico.

De conformidade co establecido na base 14, a Comunidade Autónoma de Galicia opta por non dotar de anticipos aos destinatarios finais que o puidesen solicitar.

Tampouco se pode deixar de mencionar que os beneficiarios finais deberán reunir a condición de pequena ou mediana empresa (peme), toda vez que a etiqueta climática asignada ao compoñente 14, medida 4, do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, en que se encadran as actuacións que se van desenvolver, é a 024 «Eficiencia enerxética e proxectos de demostración en pemes e medidas de apoio».

Esta resolución establece como sistema único de presentación das solicitudes a presentación electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, xa que a complexidade do programa e das actuacións subvencionadas exixe a necesaria participación de persoal cualificado que, de conformidade coa lexislación vixente, está obrigado a relacionarse electronicamente coas administracións públicas.

Tendo en conta que o financiamento de proxectos de eficiencia enerxética e economía circular en empresas turísticas do Plan de modernización e competitividade do sector turístico está incluído no Plan de recuperación, transformación e resiliencia, é financiado con fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia, establecido polo Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, serán de aplicación as obrigas de control, seguimento da execución e reingreso dos devanditos fondos.

Así mesmo, e de acordo co disposto no título V da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, esta resolución axústase na súa tramitación ás especialidades dispostas en materia de xestión e execución dos fondos de recuperación en relación coa tramitación anticipada dos procedementos administrativos de execución de gastos con cargo a estes fondos.

Todos os actos de trámite ditados en desenvolvemento desta resolución enténdense condicionados a que, unha vez aprobada a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023, subsistan as mesmas circunstancias de feito e de dereito existentes no momento da súa produción.

Consonte o establecido sobre medidas de fomento no artigo 94 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, en concordancia co sinalado no artigo 95 da dita lei e tendo en conta o determinado na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da devandita lei, e de conformidade coa competencia conferida polo artigo 19 dos estatutos da Axencia Turismo de Galicia, aprobados polo Decreto 196/2012, do 27 de setembro,

RESOLVO:

1. Convocatoria e bases reguladoras.

1º. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases, que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión de subvencións da Axencia Turismo de Galicia para actuacións de eficiencia enerxética, en réxime de concorrencia non competitiva, ás empresas turísticas no marco do Plan de modernización e competitividade do sector turístico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento TU986B).

2º. A concesión das subvencións recollidas nesta resolución tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva ata esgotar o crédito dispoñible previsto na convocatoria, de acordo co sinalado na base 20 do Acordo da Conferencia Sectorial de Turismo do 29 de marzo de 2022, sobre repartición territorial de crédito correspondente ao orzamento de 2022, da liña de financiamento para proxectos de eficiencia enerxética e economía circular de empresas turísticas, do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (en diante, Acordo do 29 de marzo de 2022), e no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Do citado esgotamento de crédito darase publicidade no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) e na páxina web da Axencia Turismo de Galicia, mediante resolución da persoa titular da Dirección da dita axencia.

2. Solicitudes.

2.1. Para poder ser persoa beneficiaria das subvencións deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo IV desta resolución, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 8 das bases reguladoras.

2.2. As solicitudes deberán presentarse na forma e nos prazos establecidos nos artigos 6 e 7 das bases reguladoras.

3. Prazo de duración do procedemento de concesión.

Unha vez presentadas as solicitudes, estas serán tramitadas e valoradas de acordo co procedemento establecido nas bases reguladoras.

O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será de cinco meses contados desde a data de presentación da solicitude.

4. Información ás persoas interesadas.

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Axencia Turismo de Galicia, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da Axencia Turismo de Galicia: http://www.turismo.gal/canle-profesional/promocion-do-sector/axudas-e-subvencions

b) Páxina web https://sede.xunta.gal/portada, introducindo no buscador o código de procedemento TU986B.

c) Os teléfonos 981 54 63 60 e 981 54 74 04.

d) Enderezo electrónico: fomento.turismo@xunta.gal

5. Réxime de recursos.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan presentar calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Dirección de Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

b) Recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, de acordo co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

6. Base de datos nacional de subvencións.

En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do dito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS).

7. Habilitación para o desenvolvemento.

Habilítase a persoa titular da Dirección da Axencia para ditar as resolucións que sexan necesarias para o desenvolvemento e aplicación desta resolución, así como para adoptar os acordos, instrucións e aclaracións que sexan precisos para a xestión deste programa de axudas.

8. Eficacia.

Esta resolución producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2022

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia
ANEXO I

Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas, incluídas no Plan de modernización e competitividade do sector turístico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2023 (código de procedemento TU986B)

Artigo 1. Obxecto e réxime aplicable

1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a realización de actuacións de eficiencia enerxética que impulsen a economía circular en edificios completos cuxo uso sexa o aloxamento turístico. Están incluídas as seguintes tipoloxías: hoteis, pensións, establecementos de turismo rural, albergues turísticos e apartamentos turísticos. Quedarán excluídos os establecementos de aloxamento turístico que ocupen parcialmente un edificio.

2. Son aplicables as bases reguladoras contidas no Acordo da Conferencia Sectorial de Turismo do 29 de marzo de 2022, sobre repartición territorial de crédito correspondente ao orzamento de 2022, da liña de financiamento para proxectos de eficiencia enerxética e economía circular de empresas turísticas, do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (en diante, Acordo do 29 de marzo de 2022), publicado no Boletín Oficial del Estado núm. 81, do 7 de abril, coas especificacións e limitacións recollidas neste anexo.

3. En todo o non recollido nas bases reguladoras do Acordo da Conferencia Sectorial do 29 de marzo de 2022 e neste anexo, aplicarase o disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; no seu regulamento aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo; na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no seu regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. En defecto do previsto nesta normativa, aplicaranse as normas de dereito administrativo. As axudas obxecto desta convocatoria réxense ademais polas normas comunitarias aplicables por razón do financiamento pola Unión Europea e polas normas nacionais de desenvolvemento ou transposición destas, en particular polo Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia; Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración pública e para a execución do Plan de recuperación, transformación e resiliencia; Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia; Orde HFP/1031/2021, do 29 de setembro, pola que se establecen o procedemento e formato da información que deben proporcionar as entidades do sector público estatal, autonómico e local para o seguimento do cumprimento de fitos e obxectivos e de execución orzamentaria e contable das medidas dos compoñentes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia; e pola Decisión de execución do Consello relativa á aprobación da avaliación do Plan de recuperación e resiliencia de España (Council Implementing Decision-CID), do 13 de xullo de 2021.

Artigo 2. Crédito orzamentario e contía das axudas. Compatibilidade

1. As axudas previstas nesta convocatoria financiaranse cun crédito total de 7.813.070,00 euros, imputables á aplicación orzamentaria 05.A2.761A.770.3, proxecto 2022 00004, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2023.

2. Segundo o disposto no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a dotación orzamentaria poderase incrementar sen que se realice unha nova convocatoria, no caso de xerar, ampliar ou incorporar crédito, ou coa existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

3. No caso de existiren solicitudes que non alcancen o dereito á subvención por esgotamento do crédito orzamentario dispoñible, pasarán a formar unha lista de espera composta polas entidades solicitantes que poderían ser susceptibles de recibir a axuda se se produce un incremento de crédito, ben por dispoñer do crédito por producirse algunha renuncia ou modificación nos proxectos inicialmente propostos ou ben por incremento orzamentario inicialmente destinado a esta liña de axudas.

4. Esta convocatoria tramítase de acordo co establecido no artigo 67 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, que establece que, no caso de que se inicie no exercicio corrente a tramitación dos procedementos administrativos de execución de gastos financiados con cargo aos citados fondos pero a súa execución orzamentaria teña lugar no exercicio seguinte, será posible a súa tramitación anticipada ao longo do dito exercicio e que se poderá chegar ata a fase de formalización do compromiso de gasto no exercicio corrente.

Deste xeito, a eficacia desta tramitación anticipada queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023.

5. No caso de que os proxectos subvencionados de acordo co prazo establecido na resolución de concesión non permitan que as ditas actuacións estean executadas e pagadas antes do 31 de decembro de 2023, o crédito correspondente ás actuacións que estean comprometidas incorporarase aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia ao exercicio seguinte.

6. Estas axudas están financiadas ao 100 % polos fondos NextGenerationEU a través do Mecanismo europeo de recuperación e resiliencia establecido polo Regulamento (UE) nº 2020/2094 do Consello, do 14 de decembro de 2020, polo que se establece un Instrumento de recuperación da Unión Europea para apoio da recuperación tras a crise da COVID-19, e regulado segundo o Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia. O dito financiamento queda legalmente vinculado á realización das actuacións subvencionadas, medidas integradas no Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España.

7. A contía das axudas para cada unha das tipoloxías de actuacións subvencionables está establecida no anexos II e III desta resolución, cun límite de 150.000,00 euros (IVE excluído) por proxecto subvencionable.

8. En todo caso, a persoa beneficiaria deberá realizar un gasto efectivo, que deberá xustificar, de polo menos 5.000,00 euros (IVE excluído) no proxecto subvencionable.

9. O procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva e a intensidade da axuda pode ser do 100 % cando a axuda se conceda ao abeiro do Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis. De acordo co artigo 3.2 do Regulamento de minimis, o importe total das axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa (ou grupo empresarial) non excederá os 200.000,00 euros, durante calquera período de tres exercicios fiscais.

10. No que se refire á concorrencia de axudas:

– No caso de concorrencia do financiamento do gasto con outros programas e instrumentos da Unión, a axuda non poderá cubrir o mesmo custo, en consonancia co que establece o artigo 9 do Regulamento (UE) nº 2021/241, do 12 de febreiro.

– No caso de concorrencia do financiamento con calquera outra axuda estatal, total ou parcialmente, sobre os mesmos custos subvencionables (opción que non cabe no caso anterior), tal acumulación non poderá superar a intensidade de axuda ou o importe de axuda máis elevados aplicables a dita axuda, conforme as posibilidades indicadas na base 17.11 do Acordo do 29 de marzo de 2022.

Artigo 3. Actuacións subvencionables e prazo de execución

1. As actuacións subvencionables deben cumprir cos requisitos específicos que se establecen para cada unha delas no anexo III desta resolución e encadrarse nunha ou varias das seguintes tipoloxías:

a) Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica (tipoloxía 1).

b) Mellora da eficiencia enerxética e uso de enerxías renovables nas instalacións térmicas de calefacción, climatización, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria; incluída a instalación de redes de calor e frío alimentadas por fontes de enerxía renovable e/ou calor residual para complexos turísticos de varios edificios (tipoloxía 2).

c) Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación (tipoloxía 3).

2. As actuacións subvencionables deberán realizarse en edificacións existentes e construídas con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2007, sempre que sexan edificios completos cuxo uso sexa o aloxamento turístico: hoteis e pensións, previstos no Decreto 57/2016, do 12 de maio, polo que se establece a ordenación dos establecementos hoteleiros, establecementos de turismo rural, previstos no Decreto 191/2004, do 29 de xuño, de establecementos de turismo rural, albergues turísticos, previstos no Decreto 48/2006, do 21 de abril, polo que se establece a ordenación dos albergues turísticos, e apartamentos turísticos, previstos no Decreto 12/2017, do 26 de xaneiro, polo que se establece a ordenación dos apartamentos turísticos, vivendas turísticas e vivendas de uso turístico na Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Estas actuacións deberán alcanzar as dúas condicións seguintes:

– Unha redución do consumo de enerxía primaria non renovable do 30 % respecto á situación de partida.

– A mellora da cualificación enerxética total do edificio en, polo menos, unha letra medida na escala de emisións de dióxido de carbono (kg CO2/m2 ano). Este último criterio non será de aplicación cando o edificio acredite ter unha cualificación enerxética A.

Para a obtención das condicións anteriores poderanse combinar as actuacións que se vaian realizar, e non é necesario o seu cumprimento por cada actuación individualmente.

4. As actuacións obxecto da axuda deberán cumprir coa normativa vixente que lles sexa de aplicación, así como contar coas preceptivas licenzas e autorizacións administrativas, no caso de que as ditas actuacións as requiran.

5. Adicionalmente, deberán cumprirse os seguintes requisitos:

a) Polo menos o 70 % (en peso) dos residuos de construción e demolición non perigosos (excluíndo o material natural mencionado na categoría 17 05 04 na Lista europea de residuos establecida pola Decisión 2000/532/EC) xerados no sitio de construción prepararase para a súa reutilización, reciclaxe e valorización, incluídas as operacións de recheo, de forma que se utilicen residuos para substituír outros materiais, de acordo coa xerarquía de residuos establecida no artigo 8 da Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados, e co Protocolo de xestión de residuos de construción e demolición da Unión Europea.

Os operadores deberán limitar a xeración de residuos nos procesos relacionados coa construción e demolición, de conformidade co Protocolo de xestión de residuos de construción e demolición da Unión Europea e tendo en conta as mellores técnicas dispoñibles e utilizando a demolición selectiva para permitir a eliminación e manipulación segura de substancias perigosas e facilitar a reutilización e reciclado de alta calidade mediante a eliminación selectiva de materiais, utilizando os sistemas de clasificación dispoñibles para residuos de construción e demolición.

Así mesmo, establecerase que a demolición se leve a cabo preferiblemente de forma selectiva e a clasificación realizarase de forma preferente no lugar de xeración dos residuos. Os deseños dos edificios e as técnicas de construción apoiarán a circularidade e, en particular, demostrarán, con referencia á ISO 20887 ou outras normas para avaliar a capacidade de desmonte ou adaptabilidade dos edificios, como están deseñados para ser máis eficientes no uso de recursos adaptables, flexibles e desmontables para permitir a reutilización e reciclaxe.

b) En materia de rehabilitación enerxética, os compoñentes e materiais de construción utilizados no desenvolvemento das actuacións previstas nesta medida non conterán amianto nin substancias moi preocupantes identificadas a partir da lista de substancias suxeitas a autorización que figura no anexo XIV do Regulamento (CE) nº 1907/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de decembro de 2006, relativo ao rexistro, a avaliación, a autorización e a restrición das substancias e preparados químicos (REACH), polo que se crea a Axencia Europea de Substancias e Preparados Químicos, se modifica a Directiva 1999/45/CE e se derrogan o Regulamento (CEE) nº 793/93 do Consello e o Regulamento (CE) nº 1488/94 da Comisión, así como a Directiva 76/769/CEE do Consello e as directivas 91/155/CEE, 93/67/CEE, 93/105/CE e 2000/21/CE da Comisión.

6. Non serán subvencionables as seguintes actuacións:

a) As realizadas en edificios de nova construción.

b) As intervencións en edificios existentes que supoñan unha ampliación, en que se incremente a superficie ou o volume construído.

c) As intervencións en edificios existentes que supoñan un cambio de uso do edificio.

d) As seguintes actividades incluídas na lista de exclusión establecida na Decisión de execución do Consello e que se relacionan no punto 5 da base 17 do Acordo do 29 de marzo de 2022:

– As actividades relacionadas cos combustibles fósiles, incluída a utilización ulterior destes; excepto os proxectos no marco desta medida relacionados coa xeración de electricidade e/ou calor utilizando gas natural, así como coa infraestrutura de transporte e distribución conexa, que cumpran as condicións establecidas no anexo III da Guía técnica sobre a aplicación do principio de «non causar un prexuízo significativo» (DO C 58 do 18.2.2021, p. 1).

– As actividades no marco do réxime de comercio de dereitos de emisión da UE (RCDE) en relación coas cales se prevexa que as emisións de gases de efecto invernadoiro que van provocar non se situarán por debaixo dos parámetros de referencia pertinentes. Cando se prevexa que as emisións de gases de efecto invernadoiro provocadas pola actividade subvencionada non van ser significativamente inferiores aos parámetros de referencia pertinentes, deberá facilitarse unha explicación motivada respecto diso. Parámetros de referencia establecidos para a asignación gratuíta de dereitos de emisión en relación coas actividades que se inscriben no ámbito de aplicación do réxime de comercio de dereitos de emisión, segundo o establecido no Regulamento de execución (UE) nº 2021/447 da Comisión.

– As actividades relacionadas con entulleiras de residuos, incineradoras (esta exclusión non se aplica ás accións emprendidas no marco desta medida en plantas dedicadas exclusivamente ao tratamento de residuos perigosos non reciclábeis, nin ás plantas existentes, cando as ditas accións teñan por obxecto aumentar a eficiencia enerxética, capturar os gases de escape para o seu almacenamento ou utilización, ou recuperar materiais das cinzas de incineración, sempre que tales accións non leven consigo un aumento da capacidade de tratamento de residuos das plantas ou a unha prolongación da súa vida útil; estes pormenores deberán xustificarse documentalmente por cada planta); e plantas de tratamento mecánico-biolóxico (esta exclusión non se aplica ás accións emprendidas no marco desta medida en plantas dedicadas exclusivamente ao tratamento de residuos perigosos non reciclábeis, nin ás plantas existentes, cando as ditas accións teñan por obxecto aumentar a eficiencia enerxética, capturar os gases de escape para o seu almacenamento ou utilización, ou recuperar materiais das cinzas de incineración, sempre que tales accións non leven consigo un aumento da capacidade de tratamento de residuos das plantas ou a unha prolongación da súa vida útil; estes pormenores deberán xustificarse documentalmente por cada planta).

– As actividades en que a eliminación a longo prazo de residuos poida causar danos ao ambiente. O prego de condicións exixirá ademais que só poidan seleccionarse aquelas actividades que cumpran a lexislación ambiental nacional e da UE pertinente.

7. En cumprimento do disposto no Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia e a súa normativa de desenvolvemento, todos os proxectos de investimento deben de respectar o «principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente» (principio DNSH, Do No Significant Harm) e as condicións da etiquetaxe climática e dixital. Iso inclúe o cumprimento das condicións específicas asignadas previstas nos compoñente 14 (punto 8), así como nos investimentos en que se enmarcan os devanditos proxectos, tanto no referido ao principio DNSH como á etiquetaxe climática e dixital.

8. O prazo máximo para a conclusión das actuacións obxecto da axuda será o que se fixe na resolución de concesión, sen que poida superar os 12 meses contados desde a data da notificación da resolución de concesión da axuda.

Artigo 4. Custo elixible

1. Considéranse custos elixibles ou subvencionables aqueles que sexan necesarios para conseguir os obxectivos enerxéticos do Plan de modernización e competitividade do sector turístico e determinados no anexo III desta resolución.

2. Para os efectos do cálculo da axuda que corresponda ás actuacións subvencionables das subtipoloxías 2.1, 2.2 e 2.3 da tipoloxía de actuación 2, deberán terse en conta os custos máximos elixibles fixados no anexo III.

3. Dado o carácter incentivador das axudas, só se admitirán actuacións por parte dos destinatarios últimos das axudas iniciadas con posterioridade á data de rexistro da solicitude da axuda, e non se considera elixible ningún custo relativo á execución da actuación que fose facturado con anterioridade, sen prexuízo dos custos correspondentes a actuacións preparatorias que sexan necesarios para presentar a solicitude ou levar a cabo os correspondentes investimentos, como poden ser proxecto, memorias técnicas, certificados, etc., que si poderán ser considerados subvencionables, aínda cando fosen facturados con anterioridade, sempre que, en todo caso, estas actuacións preparatorias se iniciaran con data posterior ao 1 de xaneiro de 2021.

Artigo 5. Persoas e entidades beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes), sempre que teñan residencia fiscal en España, e se encadren nalgún dos seguintes colectivos:

a) As persoas físicas ou xurídicas de natureza privada que sexan propietarias de edificios existentes destinados a aloxamento turístico.

b) As empresas explotadoras, arrendatarias ou concesionarias de edificios destinados a aloxamento turístico, que acrediten a dita condición mediante contrato vixente que lles outorgue facultade expresa para acometer as obras de reforma obxecto do Acordo do 29 de marzo de 2022.

2. As entidades solicitantes deberán estar inscritas no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante, REAT), con base nos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Os datos que figuran no REAT relativos ao establecemento, á súa titularidade e á representación, teñen que coincidir cos datos achegados pola persoa solicitante da subvención. No caso de que o/a representante legal non sexa o/a mesmo/a que o/a que figura no REAT, deberá acreditarse esta condición coa presentación da solicitude.

3. Para os efectos das axudas de minimis conforme a normativa aplicable, enténdese por empresa calquera entidade que exerza unha actividade económica, con independencia da súa natureza xurídica e da súa forma de financiamento.

En todo caso, a entidade solicitante das axudas deberá acreditar que exerce actividade económica, para os efectos do previsto no parágrafo anterior.

4. Para que as persoas físicas sexan beneficiarias deberán posuír a nacionalidade española ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo ou Suíza. No caso de estranxeiros non comunitarios, deberán ter o seu domicilio fiscal e centro operativo permanente en España e mantelos, polo menos, durante o período de prestación das actividades obxecto da subvención.

5. Para que as persoas xurídicas de natureza privada sexan beneficiarias, deberán acreditar que se atopan debidamente constituídas, conforme a normativa que lles resulte de aplicación.

6. As persoas e entidades beneficiarias deberán atoparse ao día no cumprimento das súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social, así como do resto de obrigacións establecidas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro.

7. Non poderán obter a condición de persoa ou entidade beneficiaria destas axudas:

a) Quen incorra nalgunha das circunstancias previstas no artigo 21 do Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, aprobado mediante o Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.

b) As empresas que se atopen en situación de crise, conforme a definición que para estes efectos se realiza no Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño de 2014, e nas directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e reestruturación de empresas non financeiras en crises (Comunicación da Comisión, 2014/C 249/1, do 31 de xullo de 2014).

c) As empresas que se atopen suxeitas a unha orde de recuperación pendente sobre calquera axuda ou subvención que lles fose outorgada con anterioridade, ben por declararse axuda ilegal e incompatible co mercado interior, ben por calquera tipo de incumprimento das obrigacións que lles viñesen atribuídas na concesión.

8. As persoas e as entidades beneficiarias deberán destinar o importe íntegro da axuda ao pagamento das correspondentes actuacións subvencionables.

Artigo 6. Prazo de presentación de solicitudes

As axudas previstas nesta convocatoria poderanse solicitar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata o día 30 de marzo de 2023, salvo que con anterioridade se esgote o crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no DOG e na páxina web da Axencia Turismo de Galicia mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección da Axencia.

Artigo 7. Solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e que se incorpora á presente resolución como anexo IV.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se algunha das persoas ou entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en a que fose realizada a corrección.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. Só se admitirá unha solicitude por establecemento.

3. No modelo de solicitude constan como de obrigada consignación os seguintes campos: os datos do edificio ou establecemento en que se van realizar as actuacións, o consumo de enerxía primaria non renovable e a cualificación enerxética actuais e as previstas tras as actuacións que se van realizar, o investimento total, o gasto subvencionable e o importe total da axuda solicitada. No caso de solicitar dúas ou máis tipoloxías de actuacións e optar, ademais, pola axuda adicional, deberán indicar a porcentaxe de mellora da demanda global de enerxía de calefacción e refrixeración resultante despois da rehabilitación.

Tamén será de obrigada consignación o número de inscrición do certificado de eficiencia enerxética do edificio no seu estado actual no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios de Galicia (RXEEE).

Non se admitirán certificados de eficiencia enerxética que, estando rexistrados, non se axusten ao estado actual do edificio. Neste caso deberá tramitarse un novo certificado do edificio actual. Isto supón a necesidade de emenda da solicitude presentada e entenderase por rexistro de entrada da dita solicitude a data en que se xunte o novo certificado do edificio actual.

4. No modelo de solicitude deberán realizarse as seguintes declaracións:

a) Declaración responsable de que non solicitou nin se lle concedeu ningunha outra axuda para a mesma finalidade. No caso de solicitar ou obter algunha outra axuda, deberá indicar cales e a súa contía, así como o organismo concedente.

b) Compromiso de comunicar calquera outra axuda que solicite ou lle sexa concedida para esa mesma finalidade, con indicación da súa contía e do organismo concedente.

c) Declaración responsable, en relación con outras axudas de minimis concedidas ou solicitadas, relativa a se solicitou, ou non, ou se recibiu, ou non, algunha outra axuda de minimis durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso.

d) Declaración responsable de non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

e) Declaración responsable de que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, de conformidade co artigo 21 do Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e o artigo 9 do seu regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

f) Declaración responsable de que se atopa ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da comunidade autónoma.

g) Se é o caso, declaración responsable de que a empresa, de acordo coa definición que se establece no punto 18 do artigo 2 do Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño de 2014, non está en crise, segundo o establecido polas directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crises (Comunicación da Comisión, 2014/C 249/1, do 31 de xullo de 2014).

h) Se a subvención solicitada supera o importe de 30.000,00 euros, a entidade solicitante está incluída no ámbito de aplicación subxectivo da Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade en operacións comerciais, e cumpre os requisitos establecidos no artigo 258 do Real decreto lexislativo 1/2010, do 2 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de sociedades de capital para os efectos de presentación de conta de perdas e ganancias abreviada, declaración responsable de que se atopa ao día no cumprimento dos prazos de pagamento establecidos no artigo 4 da devandita Lei 3/2004, do 29 de decembro.

i) Declaración responsable de que coñece e acepta os contidos e obrigas recollidos nestas bases reguladoras e no Acordo do 29 de marzo de 2022.

j) Declaración responsable relativa á execución do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR), entre as que se atopan os estándares máis exixentes en relación co cumprimento das normas xurídicas, éticas e morais, adoptando as medidas necesarias para previr e detectar a fraude, a corrupción e os conflitos de intereses, así como o principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (DNSH).

k) Declaración de que todos os datos da súa solicitude son certos.

l) Para os efectos do previsto no punto 6 do anexo II desta resolución, declaración de que a empresa solicitante cumpre cos criterios de definición de peme, segundo a definición establecida pola Recomendación 2003/361/CE da Comisión, de 6 de maio de 2003, sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (DO L124, do 20 de maio de 2003).

Artigo 8. Documentación complementaria

1. As persoas ou entidades interesadas deberán presentar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Documentación acreditativa da representación da persoa ou entidade que actúe no nome da persoa ou entidade solicitante, se é o caso. A representación deberá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/modelos-xenericos

b) Escritura pública, certificado ou nota simple rexistral ou calquera outro documento que acredite a titularidade do inmoble. No caso de que o solicitante da actuación non sexa o propietario, deberase achegar adicionalmente a documentación ou contrato que acredite a facultade expresa para poder executar as obras correspondentes á actuación obxecto de axuda (contrato de arrendamento, de explotación, etc.).

c) Informe xustificativo asinado pola persoa ou entidade solicitante en que se indicarán as tipoloxías de actuación en que se encadra a axuda solicitada, a descrición das actuacións subvencionables, a xustificación do custo elixible, a xustificación do cumprimento dos requisitos establecidos no anexo III segundo a tipoloxía de actuación e, se é o caso, o cumprimento dos requisitos establecidos para optar á axuda adicional e a contía máxima da axuda solicitada, indicando se opta á axuda adicional.

d) Certificado da eficiencia enerxética do edificio que se prevé alcanzar coas melloras propostas e coas actuacións específicas para as que se solicita a axuda, segundo o Real decreto 390/2021, do 1 de xuño, asinado por un/unha técnico/a competente, que demostre que o proxecto permite dar un salto en, polo menos, unha letra medida na escala de emisións de dióxido de carbono (kg CO2/m2 ano) e que se consegue un aforro mínimo de enerxía primaria non renovable do 30 % con respecto ao certificado da eficiencia enerxética do edificio actual inscrito no RXEEE. O certificado estará firmado por un/unha técnico/a competente e non será necesario que este certificado de eficiencia enerxética estea inscrito no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios de Galicia (RXEEE). Con este certificado achegaranse os arquivos dixitais xerados polo programa utilizado para a súa elaboración. O certificado enerxético do edificio mellorado e o certificado do edificio actual deben achegarse elaborados coa mesma versión e programa recoñecido de certificación, de xeito que os datos sexan comparables.

e) Proxecto ou memoria técnica, no caso de que non se requira proxecto, onde se describan adecuadamente as actuacións para realizar e a situación de partida, subscrita por un/unha técnico/a competente ou instalador, se é o caso. No proxecto ou memoria técnica xustificarase o cumprimento das exixencias básicas do documento básico do aforro de enerxía DB-HEI do Código técnico da edificación que sexa de aplicación á tipoloxía para a que se solicita a axuda.

O proxecto ou memoria técnica incluirá un estudo de xestión de residuos onde se xustifique o cumprimento do punto 8, letra b), da base 17 do Acordo do 29 de marzo de 2022, asinado por técnico competente ou, na súa falta, declaración responsable asinada polo representante do beneficiario en que se compromete a cumprir e achegar toda a documentación necesaria para xustificar o cumprimento do indicado no punto 8, letra B), da base 17 do Acordo do 29 de marzo de 2022.

Xustificarase que as actuacións previstas non causarán un prexuízo significativo ao ambiente ou, se é o caso, as medidas correctoras que se adoptarán para cumprir cos criterios da Guía técnica da Comisión Europea sobre o DNSH.

f) Orzamento/s da empresa ou empresas que realizarán a execución das actuacións, suficientemente desagregado/s, de data posterior ao 1 de xaneiro de 2021.

No caso de que o importe correspondente aos custos elixibles da actuación supere a contía de 40.000,00 euros para obras e/ou 15.000,00 euros en servizos ou subministracións, presentaranse tres presupostos, de conformidade co establecido no artigo 31 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño. A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e deberase xustificar expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

g) Documento ou oferta vinculante contractual formalizada coa empresa ou profesional correspondente para a xestión técnica, administrativa e documental da solicitude, se é o caso.

h) Declaración responsable de cumprimento do principio de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» no sentido establecido no punto 6) do artigo 2 do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia.

i) Reportaxe fotográfica, preferentemente en cor, do estado actual da edificación en que se van a levar a cabo as actuacións subvencionables.

j) Declaración responsable relativa ao compromiso de cumprimento dos principios transversais establecidos no PRTR e que puidesen afectar o ámbito obxecto de xestión, incluíndo o cumprimento do principio de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» (DNSH) (anexo VI), de acordo co recollido no artigo 8.1 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, en todas as fases de deseño e execución das actuacións.

k) Aceptación da cesión de datos entre as administracións públicas implicadas para dar cumprimento ao previsto na normativa europea de aplicación e de conformidade coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, de acordo co recollido no artigo 8.1 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do PRTR (anexo VII).

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa ou a entidade interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa ou a entidade interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, salvo que conste no procedemento a oposición expresa da persoa ou entidade interesada. De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

Artigo 9. Forma de presentación da documentación complementaria

1. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas ou entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a corrección.

2. As persoas e as entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias presentadas pola persoa ou entidade interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos para presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 10. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, salvo que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Documento nacional de identidade (en diante, DNI) ou número de identidade de estranxeiro/a (en diante, NIE) da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade solicitante.

d) NIF da entidade representante.

e) Certificado acreditativo de non ter débedas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (en diante, AEAT), coa Seguridade Social e/ou coa Comunidade Autónoma de Galicia, da persoa solicitante.

f) Certificado catastral do edificio.

g) Consulta descritiva e gráfica de datos catastrais do inmoble en que se van levar a cabo as actuacións que acredite o uso turístico daquel e o seu ano de construción, que debe ser anterior a 2007.

h) Certificado de residencia fiscal en España da persoa solicitante.

i) Certificación da eficiencia enerxética do edificio existente no seu estado actual, co contido que establece o artigo 6 do procedemento básico para a certificación da eficiencia enerxética dos edificios do Real decreto 390/2021, do 1 de xuño, inscrito no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios de Galicia (RXEEE).

j) Consulta de subvencións e axudas.

k) Consulta de concesións pola regra de minimis.

l) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no espazo habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas ou ás entidades interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 11. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas ou entidades interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 12. Órganos administrativos competentes para instruír e resolver o procedemento

1. A instrución do procedemento é competencia da Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

2. Corresponde á persoa titular da Dirección da Axencia resolver sobre a concesión das axudas solicitadas.

Artigo 13. Procedemento de concesión

1. Sen prexuízo do establecido no punto 2 do artigo 8, se as solicitudes non reúnen algún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras ou na correspondente convocatoria, requirirase a persoa ou entidade solicitante para que, no prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer, considerarase que desiste na súa petición, logo da correspondente resolución, nos termos do artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

2. O órgano instrutor poderá requirir a persoa ou a entidade solicitante para que presente cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento, e solicitará os informes pertinentes para comprobar que as solicitudes presentadas cumpren os requisitos exixidos polas bases reguladoras do Acordo do 29 de marzo de 2022, por esta convocatoria e pola demais normativa de aplicación.

3. Unha vez completado o expediente e despois das comprobacións e inspeccións que se consideren oportunas, a persoa titular da Xerencia emitirá informe sobre o cumprimento dos requisitos e elevará a proposta de resolución á persoa titular da Dirección da Axencia, quen resolverá o que segundo o dereito proceda.

4. En aplicación dos principios de eficacia e eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos establecidos na lei de subvencións de Galicia, e ao ser unha convocatoria de subvencións en concorrencia non competitiva, as subvencións resolveranse por orde de rexistro de entrada das solicitudes presentadas ata que se esgote o orzamento da convocatoria. Non obstante, naqueles supostos en que se lles requira aos solicitantes a emenda dos erros ou omisións na solicitude ou na documentación presentada, ou se presenten documentos posteriores, entenderase por rexistro de entrada a data en que o dito requirimento estea correctamente atendido. Considerarase esgotado o orzamento cando se efectúe o rexistro da última solicitude de axuda que totalice o importe total do crédito desta convocatoria.

5. De conformidade co establecido nos artigos 45 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as resolucións de denegación das axudas solicitadas poderán publicarse na páxina web da Axencia www.turismo.gal, logo da publicación desta circunstancia no DOG.

6. De conformidade co establecido no artigo 6 do Regulamento (UE) nº 1407/2013, da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo a aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis, informarase o beneficiario do carácter de minimis desta axuda, facendo referencia de forma expresa o presente regulamento e citando o subtítulo e a referencia da súa publicación no Diario Oficial da Unión Europea.

Artigo 14. Resolución e recursos

1. O prazo máximo para resolver e notificar resolución deste procedemento será de cinco meses desde a data de presentación da solicitude. Finalizado o citado prazo sen que se dite e notifique a resolución, as persoas ou entidades solicitantes poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

2. A resolución estimatoria indicará á persoa ou entidade beneficiaria as actuacións subvencionables, o custo elixible, a contía da subvención concedida, as condicións que se deberán cumprir para a execución da actuación, o seu prazo de finalización e de xustificación e a procedencia do financiamento da axuda con cargo ao Plan de recuperación e resiliencia con fondos da Unión Europea.

3. Contra a resolución ditada pola persoa titular da Dirección da Axencia poderase interpoñer recurso de reposición ante a Dirección da Axencia ou ben recurso contencioso-administrativo.

O prazo de interposición do recurso de reposición será dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación e o do recurso contencioso-administrativo será de dous meses, tamén contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

4. As persoas beneficiarias dispoñerán dun prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da súa notificación da resolución de concesión, para a súa aceptación; transcorrido este sen que se produza manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada. A aceptación da axuda implica a aceptación de que o proxecto cumprirá co principio DNSH (principio de non causar prexuízo significativo ao ambiente) e as condicións de etiquetaxe climática e dixital, polo que adoptarán as medidas adecuadas para poder avaliar o dito principio de conformidade coa Guía técnica sobre a aplicación do principio DNSH (2021/C58/01).

Artigo 15. Obrigas das persoas e entidades beneficiarias

1. Ademais das recollidas nos artigos 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, as persoas e as entidades beneficiarias terán as seguintes obrigacións:

a) Executar as actuacións subvencionadas dentro dos prazos máximos que se establezan na respectiva resolución de concesión, cumprindo as condicións e prescricións que nela se establezan.

b) Xustificar a execución da actuación presentando os documentos sinalados no artigo 18 desta resolución.

c) Someterse ás actuacións de comprobación e inspección que a Axencia Turismo de Galicia considere pertinentes ao longo do proceso de execución e ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como ás comprobacións da Comisión Europea, da Fiscalía Europea, a Oficina Europea de Loita contra a Fraude (OLAF), o Tribunal de Contas da Unión Europea, e aos controis derivados do Plan nacional de recuperación, transformación e resiliencia, que se realicen a través de autoridades nacionais ou europeas, facilitando canta información e documentación lles sexa requirida.

d) Comunicar á Axencia Turismo de Galicia a alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas deste programa.

e) Estar ao día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social no momento en que se presente a xustificación.

f) Cumprir as demais obrigas que se derivan tanto destas bases reguladoras como das contidas no Acordo do 29 de marzo de 2022.

2. Ao tratarse de subvencións cofinanciadas con fondos europeos do Mecanismo de recuperación e resiliencia, as persoas beneficiarias adquiren igualmente as obrigacións que se relacionan a continuación, de conformidade co establecido na normativa comunitaria e nacional aplicable como consecuencia deste financiamento:

a) As persoas beneficiarias terán a obrigación de achegar a información que permita ao órgano concedente medir a contribución da actividade subvencionada ao correspondente indicador.

b) As persoas beneficiarias deberán establecer mecanismos que aseguren que as actuacións que desenvolvan terceiros (subcontratacións) contribúen ao logro das actuacións previstas e que os devanditos terceiros acheguen a información que, se é o caso, sexa necesaria para determinar o valor dos indicadores de seguimento do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

c) Solicitarán, para efectos de auditoría e control do uso dos fondos e en formato electrónico, as categorías harmonizadas de datos recollidas no artigo 22.2.d) do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro.

d) Segundo o establecido no artigo 34.2 do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, os perceptores de fondos da Unión farán mención da orixe deste financiamento e velarán por darlle visibilidade, incluído, cando cumpra, mediante o emblema da Unión e unha declaración de financiamento adecuado que indique «financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU», en particular cando promovan as accións e os seus resultados, facilitando información coherente, efectiva e proporcionada dirixida a múltiples destinatarios, incluídos os medios de comunicación e o público. Polo tanto, as persoas beneficiarias deben dar a adecuada publicidade e información de que as actuacións están subvencionadas no marco do Plan de modernización e competitividade do sector turístico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España, de conformidade co establecido no artigo 25 do Real decreto 691/2021, do 3 de agosto, e no artigo 9.3.b) da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, dándolle visibilidade, cando cumpra, mediante o emblema da Unión e unha declaración de financiamento adecuado que indique «financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU» (anexo VIII). En particular, nas medidas de información e comunicación das actuacións (carteis informativos, placas, publicacións impresas e electrónicas, material audiovisual, páxinas web, anuncios e insercións en prensa, certificados, etc.). No enlace https://www.miteco.gob.es/es/ministerio/recuperacion-transformacion-resiliencia/comunicacion/ pode descargarse o manual de comunicación para xestores e beneficiarios dos fondos do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

e) As persoas beneficiarias deberán gardar a rastrexabilidade de cada un dos investimentos e actuacións realizadas, así como a correspondente documentación acreditativa destes durante 5 anos contados desde o último pagamento, de conformidade co artigo 132 do Regulamento (UE, Euratom) nº 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión, se a contía da axuda é superior a 60.000,00 euros. O prazo reducirase a 3 anos se o financiamento é dun importe igual ou inferior a 60.000,00 euros. Someteranse ás medidas de control e auditoría recollidas no Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia e no Regulamento (UE, Euratom) nº 2018/1046. En particular, deberán autorizar a Comisión, a OLAF, o Tribunal de Contas Europeo e, cando cumpra, a Fiscalía Europea para exercer os dereitos que lles recoñece o artigo 129, número 1, do referido regulamento financeiro.

f) As medidas cofinanciadas mediante os fondos europeos do Mecanismo de recuperación e resiliencia deberán respectar o principio de «non causar un prexuízo significativo» no sentido do artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2020/852.

g) As persoas beneficiarias deberán asegurar a regularidade do gasto subxacente e a adopción de medidas dirixidas a previr, detectar, comunicar e corrixir a fraude e a corrupción, previr o conflito de intereses e o dobre financiamento.

h) As persoas beneficiarias serán responsables da fiabilidade e o seguimento da execución das actuacións subvencionadas, de maneira que poida coñecerse en todo momento o nivel de consecución de cada actuación e dos fitos e obxectivos que se estableceron respecto diso.

i) As persoas beneficiarias deberán asumir calquera outra obrigación comunitaria e nacional que resulte de aplicación por razón do financiamento do Mecanismo de recuperación e resiliencia.

Artigo 16. Modificación da resolución

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención ou, se é o caso, a obtención concorrente doutras subvencións e axudas, fóra dos casos permitidos por esta resolución, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión da subvención ou á súa revogación.

2. En todo caso, a modificación da resolución de concesión realizarase nos termos do artigo 35 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Artigo 17. Renuncia

1. A renuncia á subvención poderase facer por calquera medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. No caso de que se comunique a renuncia, o órgano competente para resolver ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 21.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. No caso de que algún beneficiario renuncie á subvención concedida, os créditos liberados poderán asignarse aos proxectos admitidos que non obtivesen subvención por esgotamento do crédito previsto.

Artigo 18. Xustificación da subvención

1. As persoas e as entidades beneficiarias deberán comunicar ao órgano instrutor a finalización das actuacións previstas na resolución de concesión e presentar a documentación xustificativa das actuacións realizadas. A comunicación da execución das actuacións deberá realizarse nun prazo máximo dun mes, contado desde o seguinte ao da finalización daquelas ou do prazo máximo concedido para a súa execución na resolución de concesión. A comunicación realizarase mediante a presentación do anexo V que se acompaña a estas bases.

2. Ao abeiro do anexo III, letra B, do Acordo do 29 de marzo de 2022, a comunicación de execución das actuacións e a súa xustificación deberá vir acompañada da documentación sinalada a continuación:

a) Certificado final da obra subscrito pola dirección facultativa, no suposto de actuacións de mellora da envolvente térmica (tipoloxía 1).

b) Certificado da instalación térmica, subscrito polo/a director/a da instalación ou instalador autorizado, rexistrado no órgano competente da Comunidade Autónoma de acordo co RITE, no caso das actuacións sobre instalacións térmicas (tipoloxía 2).

c) Declaración responsable do destinatario último en que se faga constar o cumprimento da normativa relativa ás infraestruturas comúns de telecomunicacións e instalacións dixitais, cando á actuación lle resulte de aplicación o disposto no Real decreto 346/2011, do 11 de marzo, polo que se aproba o Regulamento regulador das infraestruturas comúns de telecomunicacións para o acceso aos servizos de telecomunicación no interior das edificacións.

d) Memoria da actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, conforme o exixido polas bases reguladoras e pola resolución de concesión da axuda, con indicación das actividades realizadas, dos resultados obtidos e a data de conclusión das actuacións. Esta memoria deberá acreditar o cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 3.3 destas bases reguladoras e os requisitos establecidos no anexo III para cada tipoloxía de actuación. Esta memoria será realizada e subscrita por un/unha técnico/a titulado/a competente autor/a do proxecto ou da dirección da execución da actuación, e indicará, así mesmo, a data de conclusión das actuacións.

e) Informe que acredite a adecuada realización das actuacións obxecto da axuda concedida de acordo coa documentación presentada na solicitude da axuda, emitido por organismo de control ou entidade de control que cumpra os requisitos técnicos establecidos no Real decreto 410/2010, do 31 de marzo, polo que se desenvolven os requisitos exixibles ás entidades de control de calidade da edificación e aos laboratorios de ensaios para o control de calidade da edificación, para o exercicio da súa actividade, ou por entidade de control habilitada para o campo regulamentario das instalacións térmicas reguladas pola Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria, e o Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da infraestrutura para a calidade e a seguridade industrial, na especialidade ou especialidades que mellor se adecúen á natureza da actuación.

f) Relación certificada e copia dos pedidos e/ou contratos relativos ás actuacións realizadas.

g) Relación certificada e copia das facturas e dos seus correspondentes xustificantes bancarios de pagamento, relativos ao investimento elixible realizado e que respondan ao orzamento e contratos presentados. Exímese da obrigación de presentar aquelas facturas que teñan un importe inferior a 3.000,00 euros.

h) Reportaxe fotográfica das actuacións realizadas, que inclúa fotografías da situación do edificio despois das actuacións e, se é o caso, dos equipos e instalacións principais finais obxecto da axuda, e onde se mostre o cartel publicitario ou sinalización da actuación. Información e ligazón ao sitio da internet da beneficiaria, no caso de que dispoña dun, onde o devandito destinatario último das axudas informará o público do posible apoio obtido dos fondos NextGeneration e Plan de recuperación, transformación e resiliencia, e fará unha breve descrición da operación, de maneira proporcionada ao nivel de apoio prestado, cos seus obxectivos e resultados, destacando o apoio financeiro da Unión Europea.

i) Documentación xustificativa sobre o proceso de contratación das actuacións por parte do destinatario último das axudas.

j) Documentación xustificativa da existencia dunha contabilidade separada ou diferenciada para todas as transaccións relacionadas (ingresos e pagamentos, incluído, se é o caso, o ingreso de axudas, pagamentos a proveedores, etc.).

k) Declaración responsable en que se garanten o proceso de contratación das actuacións, a existencia dunha contabilidade separada ou diferenciada para todas as transaccións relacionadas, o cumprimento das normas nacionais e comunitarias sobre requisitos de igualdade de oportunidades e non discriminación aplicables a este tipo de actuacións, e o cumprimento das normas ambientais nacionais e comunitarias, e sobre desenvolvemento sustentable.

l) Declaración responsable de que se aplicaron medidas antifraude eficaces e proporcionadas no ámbito de xestión do proxecto obxecto de axuda, mantendo o control de calidade das actuacións, transparencia na contratación, control de posibles conflitos de intereses, control de posibles falsificacións, etc.

m) Declaración responsable que acredite a existencia ou non doutras subvencións ou axudas cobradas para a mesma actuación ou finalidade que a solicitada no contexto deste programa de axudas, de calquera administración, organismo ou entidade pública, nacional ou internacional.

n) Licenza de obras ou, se é o caso, certificado do concello de non precisar a dita licencia, no caso de obras.

o) Documentación xustificativa do cumprimento do indicado na base 17 do Acordo do 29 de marzo de 2022, mediante a achega do proxecto ou memoria técnica onde se inclúa un estudo de xestión de residuos de construción e demolición, así como do correspondente plan de xestión dos residuos de construción e demolición no que se concrete como se aplicará, segundo o regulado polo Real decreto 105/2008, polo que se regula a produción e xestión dos residuos de construción e demolición. A xustificación do anterior realizarase da forma seguinte:

1º. Para a correcta acreditación do cumprimento da valorización do 70 % dos residuos de construción e demolición (base 17.11.c), o adxudicatario presentará unha memoria resumo onde se recolla a cantidade total de residuos xerados, clasificados por códigos LER, e os certificados dos xestores de destino, onde se indique a porcentaxe de valorización alcanzada en cada unha das instalacións. Os residuos perigosos non valorizables non se terán en conta para a consecución deste obxectivo.

2º. O cumprimento do establecemento de medidas para realizar unha demolición selectiva acreditarase mediante os códigos LER incluídos nos certificados expedidos polos xestores como xustificación da entrega dos residuos xerados. Estes códigos serán os correspondentes ás fraccións retiradas selectivamente, por exemplo 170101, 170102, 170201, 170202, 170203, 170402, 170403 ou 170405.

3º. No caso de que se valoricen residuos na propia obra, o adxudicatario incluirá na memoria resumo información sobre as cantidades valorizadas, por código LER e os medios utilizados (planta móbil, xestor, etc.).

4º. No caso de que se utilicen áridos reciclados procedentes de residuos, o adxudicatario incluirá na memoria resumo a documentación que acredite a compra destes materiais, en que indicará a cantidade e o tipo de material.

5º. No caso de que se produzan residuos de amianto, será necesario xustificar o seu adecuado tratamento a través da notificación previa do traslado dos residuos de amianto desde o lugar de xeración ata o xestor de residuos e os documentos de identificación dos traslados de residuos asociados a eses movementos, en aplicación do Real decreto 553/2020, do 2 de xuño, polo que se regula o traslado de residuos no interior do territorio do Estado.

p) Etiqueta de eficiencia enerxética debidamente rexistrada onde consten o número e ano de inscrición no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios de Galicia (RXEEE) do certificado de eficiencia enerxética obtido unha vez realizadas as actuacións, subscrito por persoa técnica competente e no cal se acredite o cumprimento dos requisitos establecidos para a obtención da axuda. No caso de que o edificio non conte cun procedemento para a súa cualificación enerxética, memoria xustificativa de alcanzar polo menos un 30 % de aforro de enerxía primaria coas actuacións propostas, o cal deberá xustificarse na memoria. O conxunto de actuacións que se desenvolvan no marco dunha tipoloxía das definidas no anexo III terá que alcanzar os limiares mínimos de aforro establecidos para optar á axuda.

3. Para os proxectos que contén cunha axuda concedida inferior a 50.000,00 euros, e de maneira opcional, poderá entregarse unha conta xustificativa coa achega de xustificantes de gasto, segundo o previsto nos números 1 e 2.a), b), e) e f) do artigo 72 do Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo. Neste suposto non será obrigatorio achegar a documentación que se indica nas letras d), e) e g) do punto anterior.

Da mesma maneira e en todos os casos, opcionalmente, poderá entregarse a conta xustificativa coa achega dun informe de auditor, segundo o previsto no artigo 74 do Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, nese caso non será obrigatorio achegar a documentación sinalada nas letras f), g), h), i), j) e m) do punto anterior, sempre que o alcance do informe do auditor conteña a comprobación dos puntos sinalados na letra B, letra k), do anexo III do Acordo do 29 de marzo de 2022.

4. Consultaranse de novo automaticamente os datos relativos ao DNI/NIE/NIF da persoa ou entidade solicitante e representante, a outras subvencións e axudas, ás inhabilitacións para obter subvencións e axudas, á concesión de axudas pola regra de minimis, ao cumprimento das obrigas tributarias coa AEAT e coa Seguridade Social e a non ter pendente de pago ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma e o certificado de residencia fiscal en España, salvo que a persoa interesada se opoña á súa consulta ou non preste o consentimento expreso de acordo co que dispón o artigo 10, así como a certificación final da eficiencia enerxética do edificio tras a execución das actuacións subvencionables.

5. A documentación presentarase na mesma forma que a solicitude e a documentación complementaria, do mesmo xeito indicado no artigo 11.

6. Transcorridos os prazos indicados no punto 1 deste artigo sen que as persoas ou entidades beneficiarias presenten a documentación xustificativa da anualidade correspondente, o órgano instrutor requiriralla para que a presenten nun prazo improrrogable de dez días. En ningún caso se admitirá a presentación da documentación xustificativa da subvención con posterioridade ao 30 de setembro de 2024, salvo que o devandito requirimento se fixese dentro dos dez días anteriores a esa data.

7. Nos casos en que a contía da subvención concedida supere os 60.000,00 euros, no seu cómputo individual, e con independencia da presentación da documentación xustificativa, será requisito imprescindible a comprobación material do investimento polo órgano concedente, quedando constancia no expediente mediante acta de conformidade asinada, tanto pola persoa representante da Administración como pola persoa beneficiaria. A dita comprobación poderase encomendar a outro órgano distinto do que concedeu a subvención.

8. Unha vez presentada a documentación xustificativa e, se é o caso, realizada a comprobación material sinalada no parágrafo anterior, e despois das comprobacións e inspeccións que se consideren oportunas, o órgano instrutor emitirá un certificado acreditativo das verificacións realizadas, en que se detallarán expresamente os principais requisitos exixidos nas bases reguladoras e o alcance das comprobacións practicadas, e elevará unha proposta de pagamento á persoa titular da Dirección da Axencia, quen resolverá en atención aos recursos económicos dispoñibles, con expresa referencia á procedencia dos fondos, e mencionaranse o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, o Plan de modernización e competitividade do sector turístico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, así como o financiamento do Mecanismo de recuperación e resiliencia, establecido polo Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, e o Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Artigo 19. Pagamento da subvención

1. O pagamento da subvención requirirá que a persoa ou entidade beneficiaria presente a documentación relacionada no artigo anterior. A subvención aboarase mediante transferencia bancaria no número de conta sinalado para estes efectos no anexo V.

Artigo 20. Perda e reintegro da subvención. Criterios de gradación de posibles incumprimentos

1. Serán causa de perda e reintegro da subvención, ademais das previstas no artigo 37 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, o incumprimento das obrigas recollidas no artigo 15 destas bases. Así mesmo, poderá ser causa de perda da subvención a non comunicación ao órgano instrutor de calquera modificación das circunstancias determinantes do recoñecemento da subvención.

2. A perda do dereito á percepción da axuda outorgada comportará, se é o caso, o reintegro das cantidades aboadas ata ese momento, incrementadas cos xuros de demora desde a data do seu pagamento.

Tamén se pode exixir o reintegro se se superan os límites que establece o artigo 3.2 do Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, sobre aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento de Unión Europea ás axudas de minimis, e de acordo co artigo 6 do devandito Regulamento.

3. O procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito de cobranza da subvención e, se é o caso, para facer efectiva a devolución, será o establecido no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

4. O cumprimento parcial das condicións establecidas ou a realización en prazo de só unha parte da actuación comprometida, sempre que se acredite a mellora da cualificación enerxética total do edificio existente en, ao menos, unha letra, medida na escala de emisións de dióxido de carbono (kg CO2/m2) con respecto á cualificación enerxética inicial do edificio, así como a redución mínima do consumo de enerxía primaria non renovable do 30 % respecto á situación de partida, poderá dar lugar ao axuste da axuda concedida, sempre que non se procedese á revogación da axuda polo incumprimento doutras obrigas esenciais ou requisitos establecidos nas bases reguladoras, e sen prexuízo da obriga de reintegro proporcional que corresponda, se é o caso.

Artigo 21. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas e ás entidades interesadas avisos da posta ao dispor das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, as persoas e as entidades interesadas deberán crear e manter a súa dirección electrónica habilitada única a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderá, de oficio, crear a indicada dirección, para os efectos de asegurar que as persoas interesadas cumpran a súa obrigación de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e rexeitadas cando transcorran dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 22. Publicidade

1. As subvencións concedidas ao abeiro destas bases publicaranse no Diario Oficial de Galicia, con indicación da norma reguladora, persoa ou entidade beneficiaria, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

2. A Axencia Turismo de Galicia publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas ou entidades beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puidesen imporse nos correspondentes servizos públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas ou entidades beneficiarias e a referida publicidade.

Artigo 23. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigacións de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a fornecer á Administración, ao organismo ou a entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para que aquela cumpra as obrigacións previstas no título I da citada lei.

Artigo 24. Medidas antifraude

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puidesen ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operación financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente convocatoria poderá poñer os devanditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto:

http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/período-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf

A detección de irregularidades pode implicar a aplicación de correccións financeiras e a solicitude de devolución dos importes percibidos indebidamente.

Na loita contra a fraude a Axencia Turismo de Galicia actuará de conformidade co seu plan específico de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude, dispoñible en https://transparencia.xunta.gal/integridade-institucional/plans-antifraude. E na ligazón https://transparencia.xunta.gal/canle-de-denuncias calquera persoa empregada pública ou cidadán/á poderá facilitar información da que teña coñecemento sobre actuacións ou condutas contrarias á integridade institucional no ámbito do sector público autonómico, con plenas garantías de indemnidade da persoa denunciante.

ANEXO II

Contía das axudas ás persoas beneficiarias

1. A modalidade de axuda reviste a forma de subvención a fondo perdido, tendo como finalidade, en todo caso, o cumprimento das actuacións subvencionables correspondentes.

2. A axuda na contía que se estableza na resolución da concesión correspondente, será outorgada á persoa destinataria última das axudas que teña xustificado en tempo e forma o cumprimento da actuación subvencionable, conforme os requisitos e condicións establecidos na correspondente convocatoria.

3. A intensidade da axuda será a suma da axuda base e da axuda adicional que puidese corresponder, en cada caso, en función do cumprimento dos criterios que se indican no punto 5.

4. A contía da axuda determinarase aplicando as porcentaxes indicadas a continuación sobre o custo elixible da actuación, e o seu cálculo realizarase seguindo o procedemento que figura no anexo IV, para cada unha das tipoloxías de actuación, sen que a suma da axuda base e a axuda adicional poidan superar a intensidade de axuda ou o importe de axuda máis elevados aplicables á devandita axuda, conforme ás posibilidades indicadas na base 17.11 do Acordo da Conferencia Sectorial do 29 de marzo de 2022.

Tipoloxía de actuación (% s/custo elixible)

Axuda base

Axuda adicional

% axuda base

% adicional (eficiencia enerxética)

% adicional (actuación integrada)

Cualificación final A

Cualificación final B

Incremento de 2 ou máis letras

Tipo 1. Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica

50 %

15 %

10 %

5 %

25 %

Tipo 2. Mellora da eficiencia enerxética das instalacións térmicas

40 %

10 %

5 %

0 %

20 % (subtipoloxías 2.1 e 2.2), 15 % (subtipoloxías 2.3) e 5 % (subtipoloxías 2.4 e 2.5)

Tipo 3. Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación

20 %

10 %

5 %

0 %

5 %

5. A axuda adicional graduarase en función da concorrencia de criterios engadidos de eficiencia enerxética ou actuacións integradas das tipoloxías de actuación:

a) Eficiencia enerxética: terán dereito a unha axuda adicional por mellora da eficiencia enerxética, aquelas actuacións que eleven a cualificación enerxética do edificio para obter unha clase enerxética «A» ou «B», na escala de CO2, ou ben, incrementen en dúas letras a cualificación enerxética de partida, segundo o procedemento establecido no Real decreto 390/2021, do 1 de xuño, polo que se aproba o procedemento básico para a certificación da eficiencia enerxética dos edificios que derroga o Real decreto 235/2013, do 5 de abril.

b) Actuación integrada: terán dereito a axuda adicional por actuación integrada, os seguintes casos:

b.1. Os edificios que realicen, simultaneamente a combinación de dúas ou máis tipoloxías de actuación, sendo obrigatoriamente unha delas sobre a envolvente térmica (tipoloxía 1) que supoña unha diminución mínima da demanda global en calefacción e refrixeración do 30 %, combinada con outra actuación sobre a instalación térmica da tipoloxía 2 (subtipoloxías 2.2 a 2.4) que supoña, polo menos, a substitución do 60 % da potencia de xeración térmica existente. No caso de que se realice unha instalación solar térmica (subtipoloxía 2.1), a condición será que cubra polo menos o 30 % da demanda de enerxía para auga quente sanitaria e/ou climatización de piscinas, calculada conforme se establece no Código técnico da edificación, no caso da tipoloxía S1, ou o 30 % da demanda de calefacción e/ou refrixeración, no caso das tipoloxías S2 e S3.

b.2. Os edificios que realicen, simultaneamente a combinación de dúas ou máis tipoloxías de actuación, sendo obrigatoriamente unha delas sobre a envolvente térmica (tipoloxía 1) que supoña unha diminución mínima da demanda global en calefacción e refrixeración do 30 %, combinada con outra actuación da tipoloxía 3 (iluminación interior) que supoña unha renovación de máis dun 25 % da superficie de iluminación que cumpra coa exixencia básica HE-3 do Código Técnico da Edificación.

As actuacións anteriores deberán quedar convenientemente xustificadas a través da cualificación enerxética do edificio actual e do edificio futuro rehabilitado, obtida mediante calquera dos programas recoñecidos de acordo co Real decreto 390/2021, do 1 de xuño, polo que se aproba o procedemento básico para a certificación da eficiencia enerxética dos edificios.

6. A intensidade da axuda final estará limitada polos límites contidos no artigo 38 do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior, en función do tipo de persoa solicitante beneficiaria. A intensidade da axuda non debe exceder do 30 % dos custos subvencionables, podendo incrementarse nun 20 % adicional para pequenas empresas e nun 10 % para medianas empresas (segundo as definicións contidas no anexo I do devandito Regulamento).

Adicionalmente, o artigo 38.6 do Regulamento prevé que a intensidade da axuda poida incrementarse en 15 puntos porcentuais no caso dos investimentos situados en zonas asistidas que cumpran as condicións do artigo 107, punto 3, letra a), do tratado («rexións nas que o nivel de vida sexa anormalmente baixo ou nas que exista unha grave situación de subemprego, así como o das rexións previstas no artigo 349 (rexións ultra-periféricas, incluída Canarias), tendo en conta da súa situación estrutural, económica e social»); e en 5 puntos porcentuais no caso das situadas en zonas asistidas que cumpran as condicións do artigo 107, punto 3, letra c), do tratado («axudas destinadas a facilitar o desenvolvemento de determinadas actividades ou de determinadas rexións económicas, sempre que non alteren as condicións dos intercambios en forma contraria ao interese común»).

7. A intensidade da axuda poderá ser do 100 % cando a axuda se conceda ao abeiro do Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis. De acordo con do artigo 3.2 do Regulamento de minimis, o importe total das axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa (ou grupo empresarial) non exceda de 200.000,00 euros, durante calquera período de tres exercicios fiscais.

ANEXO III

Actuacións subvencionables e custos elixibles

Tipoloxía de actuación 1. Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica.

1. Obxectivo. Reducir a demanda enerxética en calefacción e climatización dos establecementos de aloxamento turístico mediante a mellora da eficiencia enerxética da súa envolvente térmica no seu conxunto ou nalgún dos elementos que a compoñen.

2. Actuacións subvencionables. As que se realicen na envolvente térmica do edificio conforme á definición establecida no Código Técnico de Edificación. As actuacións enerxéticas consideradas dentro desta medida serán aquelas que consigan unha redución da demanda enerxética de calefacción e refrixeración do edificio, mediante actuacións sobre a súa envolvente térmica. As actuacións enerxéticas sobre a envolvente térmica poderán prever solucións construtivas convencionais e non convencionais.

Enténdense por solucións construtivas convencionais as utilizadas habitualmente nos edificios para reducir a súa demanda enerxética como, por exemplo, as que afectan as fachadas, cubertas, carpintarías exteriores, vidros e proteccións solares.

Enténdense como solucións construtivas non convencionais as coñecidas como medidas de «arquitectura bioclimática», como, por exemplo: muros trombe, muros parietodinámicos, invernadoiros encostados, sistemas de sombreado, ventilación natural, etc.

Consideraranse tamén custos elixibles, as instalacións auxiliares necesarias para levar a cabo esta actuación, como estadas ou guindastres.

Só se considerarán subvencionables as actuacións integrais sobre un ou varios dos cerramentos (fachada, cuberta, ocos, etc.) da envolvente térmica do edificio, pero non sobre unha ou varias vivendas ou locais do mesmo edificio, consideradas individualmente.

As actuacións deberán cumprir cos seguintes requisitos:

a) As exixencias mínimas de eficiencia enerxética que debe cumprir a envolvente térmica que se reforme, son as que figuran no documento básico de aforro de enerxía DB-HEI do Código Técnico da Edificación, que deben ser acreditadas e/ou xustificadas polo técnico competente no proxecto e/ou a memoria técnica. Ao tratarse dun edificio existente será de aplicación a epígrafe IV, da súa parte I, denominada «Criterios de aplicación en edificios existentes». E en particular o criterio 2 de flexibilidade, de forma que nos casos en que non sexa posible alcanzar o nivel de prestación establecido con carácter xeral, desde o punto de vista do cumprimento das exixencias básicas de aforro de enerxía, poderán adoptarse solucións que permitan o maior grao de adecuación posible cando, entre outros motivos, as solucións non sexan técnica ou economicamente viables.

b) Todos os valores de transmitancia utilizados polo técnico competente na elaboración do certificado de eficiencia do edificio que non sexan «por defecto», deberán estar xustificados da forma seguinte: se o valor seleccionado é «estimado» ou «coñecido», deberá achegar a composición do cerramento. Se o valor seleccionado é «coñecido» e o material utilizado non está na base de datos do programa informático de cualificación da eficiencia enerxética utilizado, deberá achegar o Documento de Idoneidade Técnica Europeo (DITE) do material utilizado. Deberase achegar sempre, no caso de vidros e cerramentos, o marcado CE ou ficha técnica da carpintaría e dos vidros, onde figuren as características térmicas destes.

3. Contía das axudas.

O importe da subvención será a suma da axuda base e a axuda adicional que puidese corresponder en cada caso, conforme se establece nos puntos seguintes; en calquera caso, o devandito importe estará sometido aos límites que se establezan na normativa de axudas de estado:

i. Axuda base. A intensidade da axuda será a establecida na táboa do punto 4 do anexo II.

ii. A axuda adicional por eficiencia enerxética ou actuación integrada poderá obterse sempre que se cumpran as condicións que para iso se establecen no anexo II. O cálculo desta axuda realizarase sumando a porcentaxe (referida aos custos elixibles) de cada un dos tres criterios segundo corresponda. No caso do criterio de eficiencia enerxética, só se poderá aplicar unha das tres porcentaxes, ben cualificación enerxética A, B ou incremento de 2 ou máis letras.

Os valores da axuda adicional que corresponden a esta tipoloxía de actuación, indícanse no cadro seguinte, no que as porcentaxes son referidas á suma de custos elixibles correspondentes a esta tipoloxía de actuación:

% adicional: eficiencia enerxética

% adicional: actuación integrada

Cualificación final A

Cualificación final B

Incremento de 2 ou máis letras

15 %

10 %

5 %

25 %

Tipoloxía de actuación 2. Mellora da eficiencia enerxética e de enerxías renovables nas instalacións térmicas de calefacción, climatización, ventilación e auga quente sanitaria.

Subtipoloxía 2.1. Substitución de enerxía convencional por enerxía solar térmica.

1. Obxectivo. Reducir o consumo de enerxía convencional en edificios existentes mediante o uso da enerxía solar térmica para a produción de auga quente sanitaria, calefacción, refrixeración e/ou climatización de piscinas.

2. Actuacións subvencionables. Serán actuacións subvencionables aquelas nas que se substitúa enerxía convencional para produción de auga quente sanitaria, calefacción, refrixeración e/ou climatización de piscinas en edificios existentes por enerxía solar térmica.

Serán subvencionables as instalacións solares novas e rehabilitacións e/ou ampliacións de instalacións existentes sempre que supoñan a substitución e/ou incremento da potencia de xeración solar e que se realicen en edificios existentes. Tamén se consideran subvencionables as instalacións solares térmicas que dean servizo a unha rede de climatización urbana.

As instalacións solares térmicas deberán cumprir cos seguintes requisitos:

a) Responderán á definición de instalación solar térmica da normativa vixente que lle sexa de aplicación.

b) As instalacións e equipos cumprirán coa normativa vixente establecida no RITE, o prego de condicións técnicas do IDAE para instalacións solares térmicas Revisión 2009 así como o documento recoñecido do RITE Guía ASIT da enerxía solar térmica, elaborado por ASIT e dispoñible na páxina web do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

c) Os captadores solares deben estar certificados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

d) Só se admitirán captadores con coeficiente global de perdas inferior a 9 W/(m2 ºC).

3. Contía das axudas.

O importe da subvención será a suma da axuda base e a axuda adicional que puidese corresponder en cada caso, conforme se establece nos puntos seguintes; en calquera caso, o devandito importe estará sometido aos límites que se establezan na normativa de axudas de estado:

i. Axuda base. A intensidade da axuda será a establecida na táboa do punto 4 do anexo II.

ii. A axuda adicional por eficiencia enerxética ou actuación integrada poderá obterse sempre que se cumpran as condicións que para iso se establecen no anexo II. O cálculo desta axuda realizarase sumando a porcentaxe (referida aos custos elixibles) de cada un dos tres criterios segundo corresponda. No caso do criterio de eficiencia enerxética, só se poderá aplicar un dos tres porcentaxes, ben cualificación enerxética A, B ou incremento de 2 ou máis letras.

Os valores da axuda adicional que corresponden a esta tipoloxía de actuación, indícanse no cadro seguinte, no que as porcentaxes son referidas á suma de custos elixibles correspondentes a esta tipoloxía de actuación:

 % adicional: eficiencia enerxética

% adicional: actuación integrada

Cualificación final A

Cualificación final B

Incremento de 2 ou máis letras

10 %

5 %

0 %

20 %

Para os efectos do cálculo da axuda que corresponda a esta actuación, considerarase un custo elixible máximo, que será o que resulte das seguintes expresións en función do caso, onde Ps (kW) é a potencia da instalación solar térmica nova. Establécense tres tipoloxías de actuación diferentes en función da aplicación abastecida:

– Caso S1: instalacións solares para produción de auga quente sanitaria e/ou climatización de piscinas descubertas e/ou cubertas. Custo elixible máximo (€) = 1.000 × Ps(kW).

– Caso S2: instalacións solares para calefacción, e opcionalmente aplicacións recollidas no caso S1. Custo elixible máximo (€) = 1.500 × Ps (kW).

– Caso S3: instalacións solares para calefacción e refrixeración, e opcionalmente aplicacións recollidas no caso S1. Custo elixible máximo (€) = 1.850 × Ps (kW).

Subtipoloxía 2.2. Substitución de enerxía convencional por enerxía xeotérmica.

1. Obxectivo. Reducir o consumo de enerxía convencional en edificios existentes mediante o uso da enerxía xeotérmica para un ou varios dos seguintes usos: calefacción, climatización, produción de auga quente sanitaria e climatización de piscinas.

2. Actuacións subvencionables. Serán actuacións subvencionables as realizadas nas instalacións de calefacción, climatización, produción de auga quente sanitaria e/ou climatización de piscinas, tanto se o sistema de xeración se sitúa no propio edificio usuario como externo a el, fornecendo a un ou varios edificios existentes, sempre que substitúan instalacións de enerxía convencional, incluíndo a modificación de redes de calefacción/climatización, empregando instalacións que utilicen a enerxía xeotérmica.

As instalacións xeotérmicas deberán cumprir cos seguintes requisitos:

a) As instalacións realizadas deberán cumprir cos requisitos establecidos no Regulamento de instalacións térmicas dos edificios (RITE) e, para o caso de sistemas de intercambio xeotérmico de circuíto pechado, o documento recoñecido do RITE Guía técnica de deseño de sistemas de intercambio xeotérmico de circuíto pechado publicada polo IDAE, e dispoñible no Rexistro Oficial de Documentos do RITE na web do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, así como calquera outra lexislación que lles sexa de aplicación.

b) Para actuacións con equipos de bomba de calor, os valores de rendemento estacional utilizados polo técnico competente na elaboración do certificado de eficiencia do edificio deberán corresponderse co rendemento medio estacional da bomba de calor e deberán estar determinados e xustificados mediante algún dos seguintes documentos:

– Ficha técnica ou etiqueta enerxética da bomba de calor onde aparezan os rendementos medios estacionais.

– Certificado Eurovent ou similar.

– Informe subscrito polo técnico competente. Para este informe poderá usarse o documento recoñecido do RITE: prestacións medias estacionais das bombas de calor para produción de calor en edificios.

No caso das instalacións de xeotermia, consideraranse custos elixibles, ademais dos xa indicados no punto 2 do anexo III, os seguintes conceptos: o investimento en equipos efectuada, os custos de execución da instalación, obra civil asociada e instalacións auxiliares necesarias, así como, o custo da realización dos estudos, ensaios, sondaxes e simulacións preliminares previas á realización do deseño da instalación, sondaxes, escavacións, cimentacións, gabias, urbanización e demais elementos necesarios para a súa explotación, así como redes de calor/fría e estacións de intercambio.

3. Contía das axudas.

O importe da subvención será a suma da axuda base e a axuda adicional que puidese corresponder en cada caso, conforme se establece nos puntos seguintes; en calquera caso, o devandito importe estará sometido aos límites que se establezan na normativa de axudas de estado:

i. Axuda base. A intensidade da axuda será a establecida na táboa do punto 4 do anexo II.

ii. A axuda adicional por eficiencia enerxética ou actuación integrada poderá obterse sempre que se cumpran as condicións que para iso se establecen no anexo II. O cálculo desta axuda realizarase sumando a porcentaxe (referida aos custos elixibles) de cada un dos tres criterios segundo corresponda. No caso do criterio de eficiencia enerxética, só se poderá aplicar unha das tres porcentaxes, ben cualificación enerxética A, B ou incremento de 2 ou máis letras.

Os valores da axuda adicional que corresponden a esta tipoloxía de actuación, indícanse no cadro seguinte, no que as porcentaxes son referidas á suma de custos elixibles correspondentes a esta tipoloxía de actuación:

% adicional: eficiencia enerxética

% adicional: actuación integrada

Cualificación final A

Cualificación final B

Incremento de 2 ou máis letras

10 %

5 %

0 %

20 %

Para os efectos do cálculo da axuda que corresponda a esta actuación, considerarase un custo elixible máximo, que será o que resulte das seguintes expresións en función do caso, onde P (kW) é a potencia térmica do xerador. Tomarase como potencia da instalación, a potencia en calefacción B0W35 extraída da ficha técnica ou especificacións do fabricante de acordo cos ensaios da norma UNE-EN 14511.

– Caso G1: instalacións de xeración de auga quente e/ou calefacción/refrixeración en circuíto aberto, para un edificio. Custo elixible máximo (€) = 1.600 * P(0,83).

– Caso G2: instalacións de xeración de auga quente e/ou calefacción/refrixeración en circuíto pechado con intercambio vertical, con sondaxes, para un edificio. Custo elixible máximo (€) = 4.000 * P(0,83).

– Caso GR1: instalacións de xeración de auga quente e/ou calefacción/refrixeración en circuíto aberto, para xeración de calor e/ou frío centralizadas, incluíndo rede de distribución e de intercambio aos usuarios, que dea servizo a varios edificios. Custo elixible máximo (€) = 2.600 * P(0,83).

– Caso GR2: instalacións de xeración de auga quente e/ou calefacción/refrixeración en circuíto pechado, para xeración de calor e/ou frío centralizadas, incluíndo rede de distribución e de intercambio aos usuarios, que dea servizo a varios edificios. Custo elixible máximo (€) = 5.000 * P(0,83).

Subtipoloxía 2.3. Substitución de enerxía convencional por biomasa nas instalacións térmicas.

1. Obxectivo. Reducir o consumo de enerxía convencional en edificios existentes mediante o uso de biomasa como combustible para calefacción, climatización e produción de auga quente sanitaria e climatización de piscinas.

2. Actuacións subvencionables. Serán actuacións subvencionables as realizadas en instalacións de calefacción, climatización, produción de auga quente sanitaria e climatización de piscinas que inclúan sistema de intercambio fumes/auga e que substitúan a instalacións de enerxía convencional existentes en edificios, incluíndo investimentos en redes de calor e/ou frío ou a súa ampliación. Considérase que unha instalación pertence á actuación de redes de calor cando, logo de utilizar unha ou varias tecnoloxías renovables, subministre enerxía polo menos a dous centros consumidores mediante as correspondentes estacións de intercambio. Tamén se consideran subvencionables os aparellos de calefacción local, é dicir, dispositivos de calefacción de espazos que emite calor por transferencia directa soa ou en combinación coa transferencia de calor a un fluído, co fin de alcanzar e manter unha temperatura agradable para os seres humanos no espazo pechado no que o produto está situado, eventualmente combinado coa produción de calor para outros espazos, e equipado cun ou máis xeradores que converten directamente os combustibles sólidos en calor, coa parte frontal pechada.

As instalacións de biomasa deberán cumprir cos seguintes requisitos:

a) As instalacións realizadas deberán cumprir cos requisitos establecidos no Regulamento de instalacións térmicas dos edificios (RITE).

b) As instalacións de biomasa deberán lograr unha redución das emisións de gases de efecto invernadoiro de polo menos un 80 % co fin de que se alcance un coeficiente para o cálculo da axuda aos obxectivos climáticos do 100 %, de acordo con o establecido o anexo VI do Regulamento (UE) nº 2021/241, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia.

Por iso se deberá presentar unha declaración de que todos os combustibles que se van utilizar teñen un valor por defecto de redución de emisións de gases de efecto invernadoiro do 80 % ou superior segundo os indicados para produción de calor establecidos no anexo VI da Directiva 2018/2001/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2018, relativa ao fomento do uso de enerxía procedente de fontes renovables, tendo en conta o sistema de produción e resto de condicións que determinan devandito valor por defecto, indicando a descrición do combustible ou dos combustibles e o valor ou os valores por defecto.

No caso de que algún dos combustibles que se van utilizar non cumpra co requisito anterior, achegarase unha memoria asinada por un técnico competente independente onde, para as condicións previstas para o proxecto e de acordo coa metodoloxía do citado anexo VI se xustifique que para o devandito combustible a redución de gases de efecto invernadoiro é igual ou superior ao 80 %.

c) As actuacións que inclúan aparellos de calefacción local ou caldeiras de menos de 1 MW deberán:

– Achegar, xunto coa documentación técnica incluída na solicitude, información sobre o combustible que se vai utilizar segundo a norma UNE-EN-ISO 17225, a norma UNE 164003 ou a norma UNE 164004.

– Presentar unha acreditación por parte do fabricante do equipo do cumprimento dos requisitos de eficiencia enerxética estacional e emisións para o combustible que se vaia utilizar, que non poderán ser menos exixentes que os definidos no Regulamento de ecodeseño en vigor (segundo corresponda Regulamento (UE) nº 2015/1185 da Comisión ou Regulamento (UE) nº 2015/1189 da Comisión).

– Como requisito adicional ás obrigacións establecidas na epígrafe 15 do Acordo do 22 de marzo de 2022, o beneficiario manterá un rexistro documental suficiente que permita acreditar que o combustible empregado no equipo dispón dun certificado outorgado por unha entidade independente acreditada relativo ao cumprimento da clase A1 segundo o establecido na norma UNE-EN-ISO 17225-2, da clase A1 da norma UNE-EN-ISO 17225-3, da clase A1 da norma UNE-EN-ISO 17225-4, da clase A1 da norma UNE-EN-ISO 17225-5, da clase A1 da norma UNE-164003 ou da clase A1 da norma UNE-164004. Tamén se poderán subvencionar as actuacións que inclúan equipos alimentados con leña de madeira sempre que cumpran a clase de propiedade M20 segundo o establecido na norma UNE-EN-ISO 17225-5 e non se realicen en municipios de máis de 50.000 habitantes ou capitais de provincia. Só se poderán subvencionar os equipos que funcionen exclusivamente con estes combustibles. Este rexistro, cos albarás ou facturas de venda do biocombustible, manterase durante o prazo sinalado. Con independencia da súa potencia, deberán manterse de acordo cun programa de mantemento preventivo cuxas operacións e periodicidades se deberán adecuar ao previsto na táboa 3.3. Operacións de mantemento preventivo e a súa periodicidade, da IT 3.3 Programa de mantemento preventivo do Real decreto 1027/2007, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de instalacións térmicas nos edificios. Así mesmo, o equipo dispoñerá dun programa de xestión enerxética, que cumprirá co punto IT.3.4 do Real decreto 1027/2007, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de instalacións térmicas nos edificios.

– No caso de que os equipos finalmente instalados non sexan os mesmos que se fixeron constar na solicitude, deberá presentarse xunto á documentación requirida para xustificar as actuacións realizadas, para o equipo definitivamente instalado, unha acreditación por parte do fabricante do equipo do cumprimento dos requisitos de eficiencia enerxética estacional e emisións para o combustible que se vaia a utilizar, que non poderán ser menos exixentes que os definidos no Regulamento de ecodeseño en vigor (segundo corresponda, Regulamento (UE) nº 2015/1185 da Comisión ou Regulamento (UE) nº 2015/1189 da Comisión).

d) As instalacións maiores ou iguais a 1 MW deberán achegar, xunto coa documentación técnica incluída na solicitude, información sobre o combustible para utilizar segundo a norma UNE-EN-ISO 17225, a norma UNE 164003 ou a norma UNE 164004 ou describirse no caso de non ser un combustible incluído nas devanditas normas.

Así mesmo, as emisións procedentes das instalacións de 1 MW ou superior e menores de 50 MW deberán cumprir cos valores límites de emisión no cadro I, parte II do anexo II ou do anexo III, segundo proceda, do Real decreto 1042/2017, do 22 de decembro, sobre a limitación das emisións á atmosfera de determinados axentes contaminantes procedentes das instalacións de combustión medianas e polo que se actualiza o anexo IV da Lei 34/2007, do 15 de novembro, de calidade do aire e protección da atmosfera, así como con calquera outra lexislación nacional que lles sexa de aplicación, no momento de producirse a concesión da subvención.

A biomasa cumprirá os criterios de sustentabilidade establecidos nos artigos 29 a 31 da Directiva 2018/2001, de enerxías renovables, así como os correspondentes actos delegados e de execución, en virtude do que resulte de aplicación do real decreto de transposición da devandita directiva e nas disposicións que se puidesen establecer para desenvolver a exixencia do cumprimento dos requisitos de sustentabilidade no ámbito dos usos térmicos.

3. Contía das axudas.

O importe da subvención será a suma da axuda base e a axuda adicional que puidese corresponder en cada caso, conforme se establece nos puntos seguintes; en calquera caso, o devandito importe estará sometido aos límites que se establezan na normativa de axudas de estado:

i. Axuda base. A intensidade da axuda será a establecida na táboa do punto 4 do anexo II.

ii. A axuda adicional por eficiencia enerxética ou actuación integrada poderá obterse sempre que se cumpran as condicións que para iso se establecen no anexo II. O cálculo desta axuda realizarase sumando a porcentaxe (referida aos custos elixibles) de cada un dos tres criterios segundo corresponda. No caso do criterio de eficiencia enerxética, só se poderá aplicar unha das tres porcentaxes, ben cualificación enerxética A, B ou incremento de 2 ou máis letras.

Os valores da axuda adicional que corresponden a esta tipoloxía de actuación, indícanse no cadro seguinte, no que as porcentaxes son referidos á suma de custos elixibles correspondentes a esta tipoloxía de actuación:

 % adicional: eficiencia enerxética

 % adicional: actuación integrada

Cualificación final A

Cualificación final B

Incremento de 2 ou máis letras

10 %

5 %

0 %

15 %

Para os efectos do cálculo da axuda que corresponda a esta actuación, considerarase un custo elixible máximo, que será o que resulte das seguintes expresións en función do caso, onde P (kW) é a potencia térmica do xerador:

– Caso A1: aparellos de calefacción local. Custo elixible máximo (€) = 400 x P.

– Caso B1: instalacións de xeración de auga quente e/ou calefacción nun edificio. Custo elixible máximo (€) = 880 × P(0,87).

– Caso B2: instalacións de xeración de auga quente e/ou calefacción e refrixeración nun edificio. Custo elixible máximo (€) = 1.540 × P(0,87).

– Caso BR1: instalacións de xeración de calor centralizadas, que inclúen rede de distribución e de intercambio aos usuarios, que dea servizo a varios edificios. Custo elixible máximo (€) = 1.250 × P(0,87).

– Caso BR2: instalacións de xeración de calor e frío centralizadas, incluíndo rede de distribución e de intercambio aos usuarios, que dea servizo a varios edificios. Custo elixible máximo (€) = 2.124 × P(0,87).

– Caso BR3: instalacións de xeración de calor centralizadas, incluíndo rede de distribución e de intercambio, así como produción de frío descentralizada aos usuarios (a produción de frío descentralizado deberá estar abastecida por enerxía renovable), que dea servizo a varios edificios. Custo elixible máximo (€) = 2.374 × P(0,87).

Non se inclúen custos elixibles máximos para as ampliacións de redes de calor e/ou frío. En caso de redes de calor serán subvencionables aqueles proxectos que leven consigo un investimento elixible superior a 100.000,00 euros e inferior a 5.000.000,00 euros.

Subtipoloxía 2.4. Mellora da eficiencia enerxética dos sistemas de xeración non incluídos nas subtipoloxías 2.1 a 2.3.

1. Obxectivo. Reducir o consumo de enerxía das instalacións térmicas de calefacción, climatización, ventilación, produción de auga quente sanitaria e climatización de piscinas de edificios existentes, mediante actuacións no subsistema de xeración non incluídos nos puntos 2.1 a 2.3.

2. Actuacións subvencionables. Considéranse actuacións subvencionables as realizadas en instalacións térmicas de calefacción, climatización, ventilación e produción de auga quente sanitaria, así como a climatización das piscinas.

As exixencias mínimas de eficiencia enerxética que debe cumprir a instalación térmica que se renove, son as que figuran no Regulamento de instalacións térmicas dos edificios (RITE) vixente.

As actuacións enerxéticas subvencionables serán, entre outras, as seguintes:

a) Sistemas de xeración térmica incluíndo solucións de aerotermia e hidrotermia de alta eficiencia enerxética que impliquen a substitución de equipos de xeración térmica existentes que permitan mellorar a eficiencia enerxética nas instalacións térmicas de calefacción, climatización e produción de auga quente sanitaria.

Todos os valores de rendementos (SEER, SCOP, etc.) utilizados polo técnico competente na elaboración do certificado de eficiencia do edificio que non sexan por defecto, deberán estar xustificados da forma seguinte: se o valor seleccionado é o estimado ou coñecido, deberá achegar o marcado CE ou a ficha técnica ou a etiqueta enerxética ou o certificado Eurovent ou similar, en todo caso, deberase achegar o documento onde figuren os valores utilizados no certificado.

b) Sistemas de ventilación natural e forzada.

c) Sistemas de arrefriamento gratuíto por aire exterior.

d) Sistemas de recuperación de calor e do aire de extracción e aproveitamento de enerxías residuais.

e) Sistemas que utilicen técnicas evaporativas que reduzan o consumo de enerxía da instalación: arrefriamento evaporativo, condensación evaporativa, prearrefriamento evaporativo do aire de condensación, arrefriamento evaporativo directo e indirecto previo á recuperación de calor do aire de extracción, etc.

Non se considerará custo elixible a substitución de xeradores térmicos por outros que utilicen combustible de orixe fósil.

3. Contía das axudas.

O importe da subvención será a suma da axuda base e a axuda adicional que puidese corresponder en cada caso, conforme se establece nos puntos seguintes; en calquera caso, o devandito importe estará sometido aos límites que se establezan na normativa de axudas de estado:

i. Axuda base. A intensidade da axuda será a establecida na táboa do punto 4 do anexo II.

ii. A axuda adicional por eficiencia enerxética ou actuación integrada poderá obterse sempre que se cumpran as condicións que para iso se establecen no anexo II. O cálculo desta axuda realizarase sumando a porcentaxe (referida aos custos elixibles) de cada un dos tres criterios segundo corresponda. No caso do criterio de eficiencia enerxética, só se poderá aplicar unha das tres porcentaxes, ben cualificación enerxética A, B ou incremento de 2 ou máis letras.

Os valores da axuda adicional que corresponden a esta tipoloxía de actuación indícanse no cadro seguinte, no que as porcentaxes son referidas á suma de custos elixibles correspondentes a esta tipoloxía de actuación:

% adicional: eficiencia enerxética

% adicional: actuación integrada

Cualificación final A

Cualificación final B

Incremento de 2 ou máis letras

10 %

5 %

0 %

5 %

Subtipoloxía 2.5. Mellora da eficiencia enerxética dos subsistemas de distribución, regulación, control e emisión das instalacións térmicas.

1. Obxectivo. Reducir o consumo de enerxía das instalacións térmicas de calefacción, climatización, ventilación, produción de auga quente sanitaria e climatización de piscinas de edificios existentes, mediante actuacións nos subsistemas de distribución, regulación, control e emisión.

2. Actuacións subvencionables. Serán actuacións subvencionables as realizadas en instalacións térmicas de calefacción, climatización, ventilación e produción de auga quente sanitaria, así como a climatización das piscinas.

As exixencias mínimas de eficiencia enerxética que debe cumprir a instalación térmica que se renove, son as que figuran no Regulamento de instalacións térmicas dos edificios (RITE) vixente.

As actuacións enerxéticas subvencionables serán, entre outras, as seguintes:

a) Caso D1: todas aquelas actuacións que permitan mellorar a eficiencia enerxética nas instalacións térmicas dos edificios nos sistemas de distribución, regulación e control, elementos terminais, etc. e entre elas as que con carácter orientador e non limitativo relaciónanse a seguir:

– Sistemas de control e regulación de equipos e/ou instalacións que aforren enerxía, por exemplo, en función da variación da temperatura exterior, a presenza ou as necesidades do usuario.

– En particular, terán a consideración de actuacións enerxéticas subvencionables os elementos que permitan o control remoto ou o control automático por medios dixitais de elementos para, entre outras, as seguintes instalacións:

• Sistemas de control automático de toldos, persianas ou cortinas do edificio, que permitan o aproveitamento óptimo da luz solar.

• Sistemas de regulación da climatización, que adapten a temperatura do edificio en función da variación da temperatura exterior, a hora do día, a zona ou a presenza de persoas.

• Sistemas de detección da apertura e peche de xanelas que advirtan de posibles usos ineficientes de enerxía dos sistemas de climatización.

En particular terán esta consideración as actuacións que presenten a certificación AENOR EA0026:2006 Instalacións de sistemas domóticos en vivendas, entre outras.

– Sistemas de xestión electrónica de subministración de auga quente sanitaria para edificios que permitan controlar o consumo de auga quente sanitaria e a enerxía, limitar o caudal máximo instantáneo, o volume máximo de uso e mesmo o corte da subministración por vivenda e/ou estancia.

– Billas para o control e xestión de auga quente sanitaria no punto de consumo, que permitan unha óptima e rápida regulación de temperatura e caudal, e que poidan ser controlados directamente polo usuario e, á vez, mediante sistemas electrónicos, para xestionar e controlar o consumo instantáneo, a temperatura de saída e o volume máximo de consumo destes. Se considerará nas actuacións a integración destes sistemas nun sistema domótico ou inmótico que permita a comunicación entre os diferentes sistemas, de forma que estes interactúen entre si e poidan ser controlados local ou remotamente.

– Válvulas termostáticas mecánicas ou electrónicas para a regulación da achega de calor aos emisores que cumpran coa norma UNE-EN-215.

b) Caso D2: serán considerados tamén subvencionables os sistemas de monitorización do consumo de enerxía, en tempo real ou de forma diferida, que permitan a transmisión da súa información cara aos seus usuarios a través de dispositivos dixitais. Entre as prestacións que poderá incluír está a desagregación dos consumos de enerxía máis importantes (iluminación, climatización, auga quente sanitaria, electrodomésticos, etc.); o almacenamento dos datos de consumo ou xeración de enerxía para a súa posterior consulta polo usuario ou quen este autorice, e comunicación cos dispositivos compatibles, consulta de estatísticas, etc. Os datos de consumo poderán aparecer tanto en valor enerxético, como en valor económico e en emisións de dióxido de carbono.

3. Contía das axudas.

O importe da subvención será a suma da axuda base e a axuda adicional que puidese corresponder en cada caso, conforme se establece nos puntos seguintes; en calquera caso, o devandito importe estará sometido aos límites que se establezan na normativa de axudas de estado:

I. Axuda base. A intensidade da axuda será a establecida na táboa do punto 4 do anexo II.

II. A axuda adicional por eficiencia enerxética ou actuación integrada poderá obterse sempre que se cumpran as condicións que para iso se establecen no anexo II. O cálculo desta axuda realizarase sumando a porcentaxe (referida aos custos elixibles) de cada un dos tres criterios segundo corresponda. No caso do criterio de eficiencia enerxética, só se poderá aplicar unha das tres porcentaxes, ben cualificación enerxética A, B ou incremento de 2 ou máis letras.

Os valores da axuda adicional que corresponden a esta tipoloxía de actuación, indícanse no cadro seguinte, no que as porcentaxes son referidas á suma de custos elixibles correspondentes a esta tipoloxía de actuación:

% adicional: eficiencia enerxética

% adicional: actuación integrada

Cualificación final A

Cualificación final B

Incremento de 2 ou máis letras

10 %

5 %

0 %

5 %

III. Axuda adicional para o caso D2. Ao custo elixible correspondente á instalación, tal como se define no caso D2, non será de aplicación o anterior punto II.

Tipoloxía de actuación 3. Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación.

1. Obxectivo. Reducir o consumo de enerxía das instalacións de iluminación de edificios existentes.

2. Actuacións subvencionables. Serán actuacións subvencionables todas aquelas que permitan mellorar a eficiencia enerxética nas instalacións de iluminación interior das zonas comúns dos edificios existentes, entre elas as que con carácter orientador e non limitativo se relacionan a continuación:

a) Luminarias, lámpadas e equipo: substitución do conxunto por outro con luminarias de maior rendemento, lámpadas de maior eficiencia e reactancias electrónicas regulables e que permitan reducir a potencia instalada en iluminación, cumprindo cos requirimentos de calidade e confort visual regulamentados.

b) Sistemas e elementos que permitan o control local, remoto ou automático por medios dixitais de aceso e regulación de nivel de iluminación: incluirán aqueles sistemas de control por presenza, por zona do edificio ou regulación de nivel de iluminación segundo a achega de luz natural.

c) Cambio de sistema de iluminación: recolocación dos puntos de luz con utilización das tecnoloxías anteriores, de forma que se reduza o consumo eléctrico anual respecto ao sistema actual de iluminación.

d) Sistemas e elementos que permitan o control remoto ou o control automático por medios dixitais de instalacións destinadas a controlar:

– Sistemas de iluminación eficientes axustándoa ás necesidades de cada momento.

– Sistemas de control automático de toldos, persianas ou cortinas do edificio, que permitan o aproveitamento óptimo da luz solar.

– Sistemas de control automático do aceso e apagado da iluminación dos edificios.

En particular terán esta consideración as actuacións que presenten a certificación AENOR EA0026:2006 Instalacións de sistemas domóticos en vivendas, entre outras.

e) Implantación de sistemas de monitorización que permitan coñecer en todo momento as condicións de confort e a idoneidade das actuacións realizadas a favor da mellora da eficiencia enerxética.

As exixencias mínimas de eficiencia enerxética que debe cumprir a instalación de iluminación que se rehabilite son as que figuran no documento HE-3 Eficiencia enerxética das instalacións de iluminación, do Código técnico da edificación.

3. Contía das axudas.

O importe da subvención será a suma da axuda base e a axuda adicional que puidese corresponder en cada caso, conforme se establece nos puntos seguintes; en calquera caso, o devandito importe estará sometido aos límites que se establezan na normativa de axudas de estado:

I. Axuda base. A intensidade da axuda será a establecida na táboa do punto 4 do anexo II.

II. A axuda adicional por eficiencia enerxética ou actuación integrada poderá obterse sempre que se cumpran as condicións que para iso establécense no anexo II. O cálculo desta axuda realizarase sumando a porcentaxe (referida aos custos elixibles) de cada un dos tres criterios segundo corresponda. No caso do criterio de eficiencia enerxética, só se poderá aplicar unha das tres porcentaxes, ben cualificación enerxética A, B ou incremento de 2 ou máis letras.

Os valores da axuda adicional que corresponden a esta tipoloxía de actuación, indícanse no cadro seguinte, no que as porcentaxes son referidos á suma de custos elixibles correspondentes a esta tipoloxía de actuación:

% adicional: eficiencia enerxética

 % adicional: actuación integrada

Cualificación final A

Cualificación final B

Incremento de 2 ou máis letras

10 %

5 %

0 %

5 %

4. Custos elixibles.

Considéranse custos elixibles aqueles que sexan necesarios para conseguir os obxectivos enerxéticos deste programa, que se indicaron para cada unha das tipoloxías de actuación anteriores e os que se relacionan a continuación:

a) Os honorarios profesionais satisfeitos para a elaboración, polo técnico competente, do certificado de eficiencia enerxética previsto no Real decreto 235/2013, do 5 de abril.

b) Os custos de xestión de solicitude da axuda.

c) Os custos da redacción dos proxectos técnicos relacionados coas tipoloxías de actuación obxecto de axuda.

d) Os custos da dirección facultativa das actuacións.

e) Os custos de execución das obras e/ou instalacións.

f) O investimento en equipos e materiais efectuada.

g) Os custos de redacción de informes e demais documentación requirida para a solicitude e xustificación destas axudas.

h) Os custos de xestión da xustificación da realización das actuacións.

i) O informe do auditor sobre a conta xustificativa.

j) O informe que acredite a adecuada realización das actuacións obxecto da axuda, emitido por un organismo de control ou entidade de control.

k) Outras partidas necesarias (auxiliares ou non) específicas de cada tipoloxía de actuación.

l) Cando por motivo da actuación sexa necesario retirar aqueles produtos de construción que conteñan amianto. A retirada deberá realizarse conforme o establecido no Real decreto 396/2006, do 31 de marzo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde aplicables aos traballos con risco de exposición ao amianto, por unha empresa legalmente autorizada. A xestión dos residuos orixinados no proceso deberá realizarse conforme o establecido na Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e chans contaminados e no Real decreto 105/2008, do 1 de febreiro, polo que se regula a produción e xestión dos residuos de construción e demolición.

m) Os custos para implantar as medidas correctoras que se adoptarán para cumprir os criterios da Guía para o deseño e desenvolvemento de actuacións acordes co principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente, publicada polo Ministerio para a Transición e o Reto Demográfico.

Non se consideran custos elixibles licenzas, taxas, impostos ou tributos. Con todo, o IVE e o IGIC, poderán ser considerados elixibles a condición de que non poidan ser susceptibles de recuperación ou compensación total ou parcial.

Para estes efectos, consideraranse como custos de xestión de solicitude da axuda, aqueles gastos que o solicitante ou destinatario último da axuda puidese satisfacer a unha empresa ou profesional por levar a cabo a xestión administrativa e documental da súa solicitude ante a comunidade autónoma, polo que tales gastos, para ser admitidos como custo elixible, deberán de atoparse debidamente previstos e detallados no documento ou na oferta vinculante contractual formalizada co empresario ou profesional correspondente, cuxa copia se acompañará xunto co resto de documentación que debe acompañar á solicitude de axuda, xustificándose a realidade dos devanditos gastos mediante a achega de factura independente onde consten estes debidamente especificados, ademais da documentación que puidese resultar exixible para xustificar o seu pago. En ningún caso se admitirá que tales gastos de xestión superen o 4 % do importe da axuda solicitada, cun límite de 3.000,00 euros por expediente.

Igualmente, e para estes efectos, consideraranse como custos de xestión da xustificación da realización das actuacións obxecto de axuda aqueles gastos que o destinatario último da axuda puidese satisfacer a empresas ou profesionais por levar a cabo a xestión técnica, administrativa e documental da xustificación ante o órgano instrutor da realización das actuacións que conforman o proxecto.

O custo elixible máximo total admitido para sufragar os gastos.

a) Derivados da elaboración do informe que acredite a adecuada realización das actuacións emitido por un organismo ou entidade de control.

b) De xestión da xustificación da realización das actuacións.

c) Da elaboración do informe do auditor sobre a conta xustificativa do proxecto.

Non poderá superar globalmente o sete por cento do importe da axuda solicitada, cun límite de 7.000,00 euros por expediente. A realización e facturación destes servizos poderá efectuarse durante o período concedido para presentar a documentación xustificativa.

Non se considerará elixible ningún custo distinto aos anteriores nin que fose facturado ao destinatario último da axuda con anterioridade á data de rexistro de solicitude da axuda, salvo os que se indican nos puntos 9 e 10 da epígrafe 15.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file