Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Venres, 2 de decembro de 2022 Páx. 62174

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCION do 17 de novembro de 2022 pola que se modifica a autorización de transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Teresa Soage.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea Teresa Soage e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito:

Primeiro. Mediante a Orde do 27 de maio de 1996 apróbase a transmisión da batea Teresa Soage.

Segundo. O 7 de novembro de 2022 Fernando Miranda Cancelas e Alicia María Paz Collazo solicitan a inclusión desta última como cotitular.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver os expedientes de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro); e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia.

Segunda. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños en augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Modificar a autorización da transmisión inter vivos, da concesión administrativa e da batea que se indica a continuación:

Identificación:

Nome: Teresa Soage.

Cuadrícula: 47.

Polígono: D.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Data de outorgamento: 27.5.1964 (BOE núm. 153, do 26.6.1964).

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Anteriores concesionarios: Eugenio Miranda Iglesias, María Cancelas Tenorio.

Novos titulares da concesión: Fernando Miranda Cancelas, Alicia María Paz Collazo.

Os novos concesionarios quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 17 de novembro de 2022

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo