Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Venres, 2 de decembro de 2022 Páx. 62091

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se determina a composición da Comisión Avaliadora do concurso de traslados entre persoal funcionario docente.

Logo de realizado o sorteo para a composición da Comisión Avaliadora a que fai referencia a Orde do 4 de outubro de 2022 pola que se convoca concurso de traslados entre o persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de Educación (Diario Oficial de Galicia núm. 196, do 14 de outubro) (código de procedemento ED012A), de acordo co que establece a súa disposición vixésimo sexta, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

DISPÓN:

Primeiro. Constituirase a Comisión que figura no anexo desta resolución.

Segundo. Actuará como persoa secretaria da Comisión a persoa vogal con menor antigüidade na función pública docente como persoal funcionario de carreira, agás que a Comisión acorde determinalo doutro xeito.

Terceiro. A Comisión Avaliadora poderá solicitar o asesoramento que considere oportuno.

Cuarto. Os membros da Comisión terán dereito a percibir asistencias de acordo co previsto no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño), modificado polo Decreto 144/2008, do 26 de xuño (DOG do 18 de xuño), e polo Decreto 96/2011, do 5 de maio (DOG do 30 de maio, corrección de erros do 1 de xuño) e, conforme as clasificacións que recolle, esta comisión considérase incluída na categoría primeira.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2022

Jesús Álvarez Bértolo
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

ANEXO

Comisión de Avaliación

Orde do 4 de outubro de 2022 (DOG núm. 196, do 14 de outubro)
(código de procedemento ED012A)

Posto

DNI

Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

Presidente titular

***4352**

Fernández

Fraga

Fernando

Vogal titular 1

***5970**

Cimadevila

Cea

María del Carmen

Vogal titular 2

***6465**

Carretero

Pasín

Ángel Enrique

Vogal titular 3

***2281**

Gómez

Mejuto

Ana Isabel

Vogal titular 4

***4098**

Díaz

Olleros

Concepción

Vogal titular 5

***3292**

Moens

Stephane Pierre O.

Vogal titular 6

***0424**

García

Escuredo

Efrén

Vogal titular 7

***7186**

Fernández

González

María

Vogal titular 8

***0959**

Vázquez

Sexto

Purificación

Vogal titular 9

***7125**

Vidal

Rey

Iago

Presidente suplente

***5824**

Guerra

Fernández

Manuel

Vogal suplente 1

***8964**

Vidal

Maza

Margarita

Vogal suplente 2

***2979**

Lama

Grande

Manuel Jesús

Vogal suplente 3

***5659**

Quintans

Couselo

José Manuel

Vogal suplente 4

***2998**

Bieites

Peres

María Beatriz

Vogal suplente 5

***0636**

López

Carrera

Aida Margarita

Vogal suplente 6

***2188**

Adrio

Fondevila

Juan Marcos

Vogal suplente 7

***8949**

García

Vázquez

Daniel

Vogal suplente 8

***3476**

Estrada

Zurron

María Teresa

Vogal suplente 9

***2272**

Pérez

Feijoo

Héctor Marcos