Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Venres, 2 de decembro de 2022 Páx. 62000

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación da acta da comisión paritaria do IV Convenio colectivo de instalacións deportivas e ximnasios da Comunidade Autónoma de Galicia onde se actualizan as táboas salariais correspondentes aos anos 2021 e 2022.

Visto o texto da acta da reunión da comisión paritaria do IV convenio colectivo de instalacións deportivas e ximnasios da Comunidade Autónoma de Galicia onde se actualizan as táboas salariais correspondentes aos anos 2021 e 2022, que se subscribiu con data 31 de outubro de 2022, entre a representación de AEXIDEGA e os representantes dos traballadores e traballadoras pertencentes aos sindicatos CIG, CC.OO. e UGT, e de conformidade co disposto no artigo 90, puntos 2 e 3, do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.

Esta Dirección Xeral de Relacións Laborais

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (Regcon), creado mediante a Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG núm. 222, do 18 de novembro).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2022

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Acta da comisión paritaria do IV Convenio colectivo de instalacións deportivas e ximnasios da Comunidade Autónoma de Galicia

Sendo as 10.30 horas do día 31 de outubro de 2022, reúnense no Consello Galego de Relacións Laborais as persoas a seguir sinaladas, que forman parte da comisión paritaria do IV Convenio colectivo de instalacións deportivas e ximnasios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Representación sindical:

Rubén Duruelo Cuerdo (CIG).

Adolfo Naya Fernández (CIG).

Xoan Galdo Regueiro (CIG).

Ramón Dopico López (UGT).

José Ramón Vizcaíno Mato (UGT).

Mª Teresa Pérez Pardo (CC.OO.).

Manuel González Pidre (CC.OO.).

Representación empresarial:

Pedro Iglesias Santos (AEXIDEGA).

Saúl Álvarez Pombo (AEXIDEGA).

Marcos Fernández Conde (AEXIDEGA).

Alberto Viejo Puga (asesor AEXIDEGA).

Noelia Martínez Vieito (asesora AEXIDEGA).

O motivo da xuntanza é chegar a acordo entre patronal e sindicatos en materia salarial, quedando sen efectos o conflito colectivo presentado no Tribunal Superior de Xustiza, en relación coa interpretación do artigo 45 do IV Convenio colectivo de instalacións deportivas e ximnasios de Galicia.

Logo do debate e a análise da cuestión obxecto das xuntanzas mantidas os días 7 de outubro, 21 de outubro e hoxe, 31 de outubro, polas representacións presentes nesta comisión, no día de hoxe chégase ao seguinte

ACORDO:

1º. Incrementos salariais do Convenio colectivo:

Ano 2021-suba salarial do 6,5 %.

Debido a que xa se aplicou o 1 de xaneiro do 2021 a suba salarial do 2,5 %, aplicaríase a táboas, con data do 1 de xaneiro do 2021, o 4 % restante cos atrasos correspondentes. Estes atrasos aboaríanse antes do 30 de xuño de 2023.

Ano 2022-suba salarial do 2,9 %.

Aplicaríase a táboas, nas actualizadas para o 2021 da maneira anteriormente indicada, con data do 1 de xaneiro do 2022. Comezaría a pagar coas novas táboas na nómina de novembro de 2022. Os atrasos xerados desde xaneiro a outubro aboaríanse antes do 30 de xuño de 2024.

No ano 2022 non haberá revisión conforme ao IPC nin pagamento de atrasos ligados a este, quedando o incremento como se indicou anteriormente.

2º. Acórdase publicar as táboas salariais correspondentes aos anos 2021 e 2022.

3º Acórdase tamén denunciar o IV Convenio colectivo de instalacións deportivas e ximnasios de Galicia, e iniciar a negociación do V Convenio no ano 2023.

4º. Acórdase delegar en Ignacio Bouzada Gil, funcionario do Consello Galego de Relacións Laborais, os trámites de rexistro, depósito e publicación do contido referido nos puntos 2º e 3º.

5º Este acordo produce efectos desde a data de hoxe.

E non tendo máis asuntos que tratar, levántase a reunión, sendo as 13.00 horas do día sinalado no encabezamento, estendéndose para o efecto a presente acta, que asinan en proba de conformidade as persoas asistentes.

ANEXO II

Actualización de táboas salariais

Táboas salariais 2020

Grupo

Nivel

Salario

COMP TTE

PP extra

Salario anual

1

-

1.253,58

66,42

208,94

18.347,16

2

1

1.162,6

66,42

193,77

17.073,56

2

2

1.132,26

66,42

188,7

16.648,84

3

1

1.063,43

66,42

177,25

1.5.685,16

3

2

1.008,86

66,42

168,15

14.921,12

4

1

973,64

66,42

162,27

14.428,01

4

2

973,64

66,42

162,27

14.428,01

5

-

973,64

66,42

162,27

14.428,01

Táboas Salariais 2021 revisadas a A IPC

Grupo

Nivel

Salario

COMP TTE

PP extra

Salario anual

1

 -

1.335,06

70,73

222,52

19.539,72

2

1

1.238,16

70,73

206,36

18.183,34

2

2

1.205,85

70,73

200,96

17.731,01

3

1

1.132,55

70,73

188,77

16.704,69

3

2

1.074,43

70,73

179,07

15.890,99

4

1

1.036,92

70,73

172,81

15.365,83

4

2

1.036,92

70,73

172,81

15.365,83

5

-

1.036,92

70,73

172,81

15.365,83

Táboas salariais 2022

Grupo

Nivel

Salario

COMP TTE

PP extra

Salario anual

1

 -

1.373,77

72,78

228,97

20.106,37

2

1

1.274,07

72,78

212,34

18.710,65

2

2

1.240,82

72,78

206,79

18.245,21

3

1

1.165,39

72,78

194,24

17.189,13

3

2

1.105,59

72,78

184,27

16.351,83

4

1

1.066,99

72,78

177,82

15.811,43

4

2

1.066,99

72,78

177,82

15.811,43

5

 -

1.066,99

72,78

177,82

15.811,43