Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Venres, 2 de decembro de 2022 Páx. 62203

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 18 de novembro de 2022 polo que se notifica a resolución de imposición dunha quinta multa coercitiva, derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/9/213.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o 22 de setembro de 2022, ditou resolución pola que se impón unha quinta multa coercitiva, como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 10 de febreiro de 2014, en relación coas obras de ampliación de planta baixa e primeira avanzando a fachada sur, realización de soportal de acceso, escaleiras de acceso á planta alta, elevación da cuberta e realización dun faiado sobre a vivenda preexistente, situadas no lugar de Ansede, parroquia de Lagostelle, no termo municipal de Guitiriz, provincia de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal da resolución aos interesados con documento nacional de identidade número 76533885M e 76013590Y, mediante este anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados a devandita resolución mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita na rúa dos Camiños da Vida, s/n, no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, os interesados poden interpoñer recurso de reposición ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ou ben, se non exercen o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística