Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Venres, 2 de decembro de 2022 Páx. 62144

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 18 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a afección dunha parcela pola instalación eléctrica e a substitución do apoio A1V84T37//40 da LMTA PSY804 e a instalación dun reconectador, prevista no termo municipal de Vilaboa (expediente IN407 2022/416-4).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), por resultar descoñecida a persoa interesada, notifícaselle a información pública da solicitude da declaración de utilidade pública da instalación eléctrica da substitución do apoio A1V84T37//40 da LMTA PSY804 e a instalación dun reconectador (expediente IN407 2022/416-4) e as afeccións da parcela indicada no anexo.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Provincial de Pontevedra da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o devandito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 18 de novembro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: IN407A 2022/416-4.

Denominación: substitución do apoio A1V84T37//40 da LMTA PSY804 e instalación dun reconectador.

Concello: Vilaboa.

Número

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

Número

m2

1

Barcia

Rústico

36058A068011740000LJ

Descoñecido/a

1

3,24