Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Venres, 2 de decembro de 2022 Páx. 62142

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 18 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a afección dunha parcela pola instalación eléctrica LMT e CT A Veiga prevista no término municipal de Redondela (expediente IN407 2022/423-4).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), por resultar descoñecida a persoa interesada, notifícaselle a información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica da LMT e CT A Veiga (expediente IN407 2022/423-4) e as afeccións da parcela indicada no anexo.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Provincial de Pontevedra da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 18 de novembro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2022/423-4.

Denominación: LMT e CT A Veiga.

Concello: Redondela.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT

m2

1

A Gándara

Matogueira

36045A006006270000WR

Descoñecido/a

CT proxectado

16,81